1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Ramón López, nunha das súas últimas imaxes na comunión do seu neto Luis

Semana tráxica no que respecta a accidentes e sucesos no Concello de Camariñas. Á amarga e siniestra morte de Ismael Romero Grela no accidente de circulación ocurrido o martes 28 de xuño sumouse este sábado noite outro grave accidente no que un turismo tripulado por dúas mulleres veciñas da Ponte do Porto salíase da calzada derrubando completamente un muro á altura da Piosa na parroquia de Xaviña. Unha delas salía malparada do fatal sinistro resultando gravemente ferida. E onte, a eso das 11 da noite recibíamos unha chamada da nosa gran amiga Ángeles López na que se nos informaba da morte do seu pai Ramón López no hospital comarcal de Cee por mor dunha grave enfermidade que levaba arrastrendo dende fai varios meses.

Ramón López Gerpe de 66 anos de idade estaba casado e era pai de tres fermosas fillas María Ángeles, Sandra e Isabel e avó de seis netos. A pesar da terrible enfermidade coa que él levaba loitando día tras día, os que tratábamos con Ramón últimamente víamolo a menudo cun sorriso na cara e sempre afable e falador. Os restos mortais de Ramón atópanse dende esta madrugada no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata donde poden ir os seus amigos e seres queridos a velalo respetuosamente. O enterro celebraráse mañán na Igrexa Parroquial de San Xurxo Camariñas aínda que está por determinar a hora exacta do sepelio. En fin, desde Camarinas.eu queremos dar ánimos a toda a familia de Ramón López e en especial a súa Dona, fillas e netos. D.E.P.

O Enterro será mañá martes ás 6 da tarde.

Comentarios   

reira
+1 # Dios o teña na gloriareira 04/07/2011 10:39
Quero darlle o meu mas sincero pesame a Isabel a sua familia polo fallecemento de seu pai,que dios o teña na gloria,animos e a segir pa diante inda que son momentos moi duros hay que sacar forzas e segir,Descanse En Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny Blanco
+1 # O meu mais sentido pesameJenny Blanco 04/07/2011 10:41
De parte da miña familia o meu mais sincero pesame a familia de Moncho por esta perdida. Que Dios che teña na Gloria D.E.P

Jenny Blanco
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # RE: Ramón López Gerpe - DEPdiegoalfr 04/07/2011 11:11
Eu tamén quero darlle o pésame a toda a familia de señor Ramón López. Descanse en paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPMikel 04/07/2011 11:32
Síntoo muito e cólleme de sorpresa que Moncho se vaia de xunta nós. Unha persona que siempre tiña bo humor no puerto con todos os que falaba, un home positivo. Quero expresar no nome da miña familia e meu o noso máis profundo pesar á familia de señor Ramón e que teñan forza para salir destes tragos tan amargos...Que Dios che teña na gloria estimado compañeiro, D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPMTCC 04/07/2011 11:47
Eu tamen quero darlle o pesame a Isabel ea toda a familia de señor Ramón...D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPruliña 04/07/2011 13:56
Darlle o pesame a Isabel e a toda sua familia, sinto muito a gran perdida unh biquiño.que dios o teña na gloria.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPlucia018 04/07/2011 15:57
O meu mas sentido pésame a familia toda especialmente a a Isabel....D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPBeldoña 04/07/2011 17:50
Tamén eu quero deixar o meu sentido pésame á familia de RAMON, que en PAZ DESCANSE.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPjose de marta 04/07/2011 21:19
Eu tamen lle don o meu mais sentido pesame a familia de Moncho de parte de toda a miña familia D.E.P e dios o teña na gloria.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # RE: Ramón López Gerpe - DEPE logo ti de quen es 04/07/2011 23:23
De parte da miña familia o meu mais sincero pesame. D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador