1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os Catro Ventos estará a tope este sabado 2 de xulloHe aquí un exemplo magnífico de colaboración e traballo desinteresado por parte dun grupo de xente de Camariñas pola salvación e organización dunhas Festas do Carmen que viaxaban sen remedio hacia unha morte segura. Estamos a falar da nóvel comisión de festas que se estreaba nestas lides a falta de casi un mes das datas nas que se debía celebrar a nosa máis querida Festa do Carmen e que está a colleitar uns resultados de record. E todo elo gracias ao traballo incansable de todos e cada un dos seus compoñentes os cales, coma inseparables compañeiros e amantes de Camariñas que son, podemos ver caseque tódolos días patear as calles da nosa vila en busca do agradecido donativo popular ou mellorando incluso o cartel definitivo da Festa do Carmen ca inclusión de dúas orquestas para o luns 18 de xullo, día no cal só estaba planeado a realización da tradicional sardiñada na Area da Vila. Así como tamén os podemos ver axetreados en todos os actos que están a organizar e que están a resultar un verdadeiro éxito.

E unha das claves que tirará das carretas das ánsias de traballar destes auténticos héroes camariñáns será sen dúbida a gran Cena do Carmen que se celebrará mañán sábado no Restaurante Catro Ventos de Camariñas. Unha cena que, si non nos fallan os nosos datos, estará xa casi preto de chegar aos 200 asistentes co que se chegará a completar o aforo límite do local no cal se mostrará o agradecemento popular a esta xove comisión. Unha cea na cal haberá moitas sorpresa e un bo lote de sorteos nos cales, ademáis de outros, participará Camarinas.eu con Diego Alonso ao frente que fará un donativo de 3 espectaculares fotos do Faro de Cabo Vilán e de Reira enmarcadas cunhas moduras especiais e que serán sorteados no transcurso da cena. E é que todo o que se faga a partires de agora será pouco para a consecución dunhas festas que corrían grave peligro e que, gracias a estas persoas da comisión, Auténticos Camariñáns, será toda unha realidade. Desde camarinas.eu queremos tamén facer un chamamento no nome da Comisión de Festas do Carmen de Camariñas a toda a emigración camariñana na diáspora que queira colaborar co seu inestimable donativo por medio desta conta bancaria que vos mostramos a continuación: Gracias Camariñas, Viva o Carmen!

Os emigrantes camariñáns poderán facer o seu donativo a través desta conta bancaria a nome da Comisión de Festas

Comentarios   

lucia018
+1 # RE: Este sábado Cena do Carmen 2011lucia018 01/07/2011 20:14
:-* :-* A mellor cena sin duda jajajaja eu qero darlle as gracias a todos o que estan colaborando,e tamen a toda xente que ben a cea que son muitos!! Gracias! :P :P
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+1 # A disfrutar!rodriguezlemamaricarmen55 02/07/2011 02:40
Ojalá sea la gran fiesta que se merecen todos los años!
A la distancia les deseo lo mejor!
Responder | Denunciar ante o administrador