1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Centos de Camariñáns desfrutaron doutra edición da Lumarea da Vila

Novo éxito de público e crítica da Asociación Lumarea da Vila: O xóves víspera do día de San Xoán e noite máxica por excelencia das antigas terras galaicas celebrouse outra edición máis da espectacular Lumarea da Vila que desta volta asombrou aos centos de persoas de toda a costa atlántica que alí se congregaron cun acendido grandioso a base de fogos de artificio que poucas ou ningunha vez se vío polas cachelas que se organizan ao longo da Costa da Morte. Antes, a eso das 5 da tarde os rapaces camariñáns puderon desfrutar dos xogos hinchables que se ubicaron no remozado céspede da Area da Vila. Cerca das 8 da tarde comezábanse a repartir as sardiñas que foron asadas na praia por decenas de voluntarios que quixeron colaborar coa Asociación que preside noso querido amigo e usuario José Manuel Canosa Campaña. E foi sobre as 10 da noite cando os integrantes do grupo laxense "O Tren da Unha" comezaba a tocar as primeiras notas do seu amplo e divertido repertorio.

 

Tralo acendido da lumarea que deixou a centos de Camariñáns impresionados comezou a festa rachada. A partir de ahí xa todo foron risas, descontrol e desenfreno a causa dos cales aínda algún dos redactores de camarinas.eu que se acercaron por alí ainda se está a recuperar... O caso é que Camarinas.eu foi o único medio de comunicación de Camariñas que realizou unha reportaxe na Lumarea da Vila e o único tamén que promocionou activamente esta xa gran cita festeira da Costa da Morte e farao con todas as asociacións que así no lo pidan. Outros, antepoñendo oscuros intereses aos propios do pobo e as xentes de Camariñas actúan dunha incomprensible maneira dando a entender a toda a vila cales son as súas prioridades. En fin, nos coma sempre, ahí estivemos e volveremos a estar ao lado de todas as asociaciónss que así no lo pidan ata que as forzas (xa mermadas e moi desmelloradas) nos abandonen definitivamente e para sempre.

{phocagallery view=category|categoryid=664|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario