1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As Festas do Carme do 2011 xa son unha realidadeFoi preto da unha da mañá deste xoves 16 de xuño que recén comenzaba, a un mes xusto do comenzo das Festas do Carme de 2011, cando quedou definitivamente confeccionado o seu cartel publicitario. Foi na redacción de camarinas.eu, reunidos conxuntamente o seu director e os membros da comisión, para así desta maneira, sacando tempo de onde non o había, facendo o último esforzo despois dun día de duro traballo, conxuntamente, aportando ideas entre todos, plasmar sobre o papel o programa que en tempo récord foi elaborado por unha comisión plena de ilusión, optimismo e gañas de traballar arreo para levar durante catro días centrais do mes de xullo de 2011 a felicidade e a ledicia a tódolos fogares dos camariñáns de ben.

Programa das Festas do Carme 2011E dentro do que cabe, tendo en conta as circunstancias agónicas que rodeaban a celebración das festas de este ano, debe calificarse o traballo realizado nun duro sprint contra o reloxio como de sobresaínte: elaborouse un programa serio e completo, de calidade, onde (as circustancias de estas alturas de ano obrigan) si algún día coxea será inevitablemente o do sábado e que recolle algunhas novidades ilusionantes. Todo comenzará o venres 15 cun repique de campás e bombas de palenque e unha verbena a cargo das orquestas Cinema e Master. O día grande, o sábado 16 de xullo, ademáis da Procesión Marítima e da inusustituible Danza de Arcos, as orquestas Limón e Tambo amenizarán unha velada na que uns impresionantes fogos de artificio iluminarán o estrelado ceo camariñán. O domingo serán as orquestas Philadelphia e Abanico as encargadas de encarar a sesión vermouth e a verbena, para finalmente o luns 18 de xullo unha sardiñada que se prolongará ata altas horas da madrugada poñer o broche de ouro final á edición das Festas do Carme 2011. A edición que un puñado de patriotas camariñáns, héroes cidadáns, salvaron dunha morte segura no momento final.

Comentarios   

lucia018
+2 # RE: Cartel das Festas do Carme 2011lucia018 16/06/2011 09:36
Pero que Cartel tan bonitooo... Quedou precio! :-)
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+2 # RE: Cartel das Festas do Carme 2011kinos 16/06/2011 10:46
un cartel espectacular.an imo a comision de festas
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
+1 # RE: Cartel das Festas do Carme 2011MBCA 17/06/2011 12:30
Si señor,un cartel precioso!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # 16 DE XULIOBeldoña 08/07/2011 09:57
16 DE XULLO

Hoxe é un gran dia de festa
e os Cazolos marcan o son,
con tres bombas de palenque
comeza a algarada maior…

¡ Tiriri…tirirí…!

Os mozos mesturan nos arcos
filigranas de arte e paixón,
como cadrelando bolillos,
tecendo matices de flor.

¡ Tiriri…tirirí…!

Os foguetes, cal asubíos,
erguen a nosa ilusión
ó ver a banda pasando
con redobres de tambor.

As campás voan bourando
nos aires a súa canción…
¡ ´É un gran día de festa !
¡ É nosa festa maior !

¡ Tiriri…tirirí…!

Vístese o pobo de gala,
os balcóns seu mellor brasón,
algarada de mozos na praia,
e, o Carmelo sorrindo de amor.

¡ Tiriri…tirirí…!

Os barcos brincan na ría,
cal fan as damas de honor,
agardando a que a Capitana
os dispoña na procesión.

¡ Tiriri…tirirí …!

O Carme bendí nosos mares,
peneleiros ó seu derredor,
ventos mariñeiros coa Salve…
lembranzas de quen afogou.

Estala o ceo ¡ pim, pam, pom…!
A escape… un pasodobre español;
o xantar agarda na mesa…
e, de presa… ¡ talám, tolóm… !

Verbena de Trovadores,
Pucho Boedo ó cantor,
¡ Non hai festa coma á nosa,
¡ É nosa festa maior !

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador