1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
He aquí aos camariñáns exemplares encargados de sacar adiante a Festa do Carme 2011As Festas do Carme atopábanse nunha situación agónica. Posiblemente das peores da súa historia: a 35 días escasos do que debía ser o seu comenzo aínda non había Comisión de Festas. Para paliar esta situación terminal, dunha gravidade sen precedentes, un pequeno grupo de veciños da Vila dos Encaixes, auténticos patriotas camariñáns, erguéronse e deron un paso adiante. Saben que terán que completar un traballo extenuante a marchas forzadas, ao longo de xornadas maratonianas, saben que non haberá recompensa e que incluso terán que facer frente ás descalificacións e incomprensión de algún que outro grupúsculo inadaptado  e radical (os inclasificables e denunciables insultos a José Manuel Canosa Campaña, o mellor presidente de Comisión que nunca houbo en Camariñas, que únicamente descalifican aos seus autores e a aqueles que lles dan cancha). Saben todo eso e moito máis que lles espera, pero non podían deixar morrer ás mellores festas da Costa Atlántica.

O seu Presidente: Luis Rodríguez Tajes, Luis dos Cabalos, que asume a pesada e practicamente inmellorable herencia deixada pola anterior comisión presidida polo anteriormente mencionado JM Canosa Campaña, un home cuio legado non fai senón agrandarse co paso do tempo. Ao seu carón unha mostra da mellor xuventude camariñana, desas persoas sempre dispostas a colaborar, a axudar desinteresadamente en todo aquelo que redunde no ben común da vila da súa alma. Entre elas Lucía, María Belén e Maitiña, redactoras de camarinas.eu, que trasladan ao ámbito dunha comisión de festas o espíritu desinteresado, altruista, que presidío dende os seus inicios a web na que prestan un servizo invaluable e xenial. Tamén haberá veteranos, para aportar a carga de sabiduría e experiencia que permita elaborar nun tempo récord un programa á altura dunha festividade central no mundo mariñeiro galego. Este luns 13 de xuño de 2011 xa se reuniron no Casino para achegar posturas, confeccionar o planning e completar datas nun calendario implacable e feroz. Comenzan xa este fin de semana a percorrer os camiños, as rúas de Camariñas para achegar os fondos que financien a nosa festa. Incluso o seu presidente xa falou cunha serie de representantes e prácticamente pechou a contratación dalgunha orquesta. Poucas veces se verá que tantos lle debamos tanto a tan poucos. Ánimo e ¡¡adiante!!

Comentarios   

Mikel
+2 # Ánimo chabalesMikel 13/06/2011 21:00
Unha noticia esperada por moitos que xa empezábamos a verlle as orellas ao lobo no referente a estas Festas próximas. Parte da Pebble camariñana dedícase a desbarballar sin saber o que realmente pode dañar as persoas que REALMENTE fan algo polo noso pobo, neste caso as festas. Según podo ler na noticia, Campaña recibe insultos graves, pois ben, ainda que se arremetan contra min por defender unha pesona que SI fixo algo polo pobo (non me importa quen sean), valoro enormemente o trabalo que a súa comisión (composta por camariñáns de valor)fixo nos anos que estubo, ao igual que as demais que pasaron por ese duro traballo, o dia a dia arrastrados para poder organizar unhas festas para todos e que son unha pasada, as Do Carme, e ainda que teñas que oir, estes son uns ladróns,ou algo parecido, así de claro. Muito criticar pero á hora da verdad os que din eso non van pedir nin fan absolutamente nada polo pueblo, si o fixeran seguramente cambiarían de parecer. Como a palabras necias oidos sordos,Campaña jamás trunques as túas ideas de facer algo por culpa de catro incrédulos, porque siempre pasa o mismo, non valoramos o que temos no pueblo e moitas veces é digno de admirar. Tes moito que decir e traballar aínda, demostrastes poñerlle valor e saber ca túa xuventude.Weno, ao que veño é que quero transmitirlle ánimo a esta improvisada comisión de Festas e que sepan que se pasan momentos críticos nas economías pero para estas datas toda persona de ben colabora e o caso é facer algo, pola Virxe do Carmen. Mando un saludo a todos os seus componentes pero permitídeme mandarlle con especial cariño a Manolo do Caracol, o meu agradecemento por facer este esforzo a estas alturas. Un home que tuben a suerte de conocer traballando nunha comisión con meu tio Jose Manuel do Cotarro(D.E.P)e ntre outros cando colaborei (calquera o facía) para carrexar xarróns e tazas de Buño para a sardiñada porque vias neles e especialmente en Manolo o cariño que lle poñían á nosa Virxe,a nosa Festa. Sean como sean este ano as Festas, que nunca decaigan, a xente de ben agradécebolo chabales e son esta parte da Pebble camariñana os que teñen que salir victoriosos, as nosas Festas do Carmen son un ben cultural para nós, son Histoia viva e necesítase de todo o ano para poder estar a altura que lle corresponde e pode recaudar as cifras altísimas que teñen que salir a pelo, a base de traballo e de ideas ás veces cas mínimas colaboracións institucionales . Que llo digan a un emigrante,retor nar miles de kilómetros para vivilas, a morriña da familia e do seu pueblo(ou parte), as reunións na mesa, a procesión, a danza de arcos, as gaitas, as bombas cos seus fuegos, os vermuts (economia para os bares)e miles de cousas máis que van aparexadas a unha das mellores Festas da Costa da Morte "As Festas do Carmen de Camariñas". Siempre Camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Exclusiva: Xa hai comisión das Festas do Carmelucia018 13/06/2011 21:40
Weno co pouco tempo que queda xa pas festas do carme, aise q esforzar bastante pa que sean unhas boas festas, pero non dudo que así vai ser,....Haber o q sale a demas das criticas claro..jejej. :-) ;-)
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+2 # ANIMOE logo ti de quen es 13/06/2011 22:25
Este año no podre llegar a tiempo para las fiestas del Carmen, pero estoy seguro de que serán unas fiestas extraordinarias como todos estos últimos años. ANIMO.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Exclusiva: Xa hai comisión das Festas do CarmeBeldoña 13/06/2011 22:47
ÁNIMO, que as nosas festas do Carme, non poden virse abaixo.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Gracias !diegoalfr 14/06/2011 07:11
Desde aquí quero dar as gracias a esta nova comisión da festa do carmen por dar o paso para poder desfrutar este ano das nosas festas. Seguro que van a ser perfectas! Contade con todo o apoio de Camarinas.eu

Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: Exclusiva: Xa hai comisión das Festas do Carmerubiasexy 14/06/2011 10:30
eu tamen quero darlle animos a esta comision, por pedir para estas festa e aljo tarde pero espero que sean as mellores si axente se anima a asudar claro pero creo que si por que o noso pueblo e mui bo e bamos asudar para que o noso pueblo e mui unido e todos queremos que anosa festa sigua , bueno como di mukel ten rason pero bueno o final , saludos viva a comision , sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
mafala
-1 # comisión de festejosmafala 14/06/2011 10:41
Saludos
1º Felicitar a los integrantes de la comisión de festejos, pedir no es fácil.
Son fiestas muy arraigadas en Camariñas, y todo esfuerzo es poco para que se celebren.
Pero dentro de ésta felicitación, tengo que decir que no estoy de acuerdo cómo se ha encarado el artículo.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Exclusiva: Xa hai comisión das Festas do Carmelucia018 14/06/2011 11:07
Responder | Denunciar ante o administrador
samsam
0 # RE: Exclusiva: Xa hai comisión das Festas do Carmesamsam 14/06/2011 17:45
...SODES OS MELLORES CHAVALES ANIMO E PA DIANTE.....CAND O QUEIRADES VINDE POLA MIÑA CASA
Responder | Denunciar ante o administrador