1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Corenta e seis días para a Festa do Carme e aínda non hai comisiónA falta de mes e medio para as que deberían ser as Festas do Carme 2011 aínda non hai comisión. Os partidos políticos atopábanse ocupados dirimindo as súas diferencias no campo de batalla electoral e, claro, non houbo tempo de adicarse a nomear voluntarios a dedo para a comisión, ademáis tampouco era cuestión de facerlle o traballo sucio ao rival para despois quedar in albis unha vez resolta La Madre de Todas las Batallas e ver ao odiado rival sentado no trono da alcaldía a carcallada limpia e cun problema (gordo)  resolto. Pois ben, unha vez elexido novo alcalde, que por aquelo das casualidades resultou ser o mesmo que xa había con anterioridade, este raudo como un raio agora si atopou tempo para nomear entre os seus traballadores tres voluntarios que xunto a tres da Cofradía de Pescadores e tres máis da Asociación de Empresarios formarán o menage-a-trois encargado de recoller os fondos que financiarán as que neste último ano foron as grandes festas da Costa Atlántica.

Este alomenos e o que se desprende do correo recibido nesta redacción na mañán do día corrente:

Envíovos este correo para informarvos de que o Alcalde de Camariñas (Pichurri) púxose en contacto coa Asociación para pedir 3 persoas  voluntarias para a colaboración das Festas do Carmen. O alcalde conta con tres  voluntarios traballadores  do Concello; tres  da Cofradía de Pescadores de Camariñas e outros tres socios da Asociación de Empresarios de Camariñas. Os que esteades  interesados, porfavor póñanse en contacto coa Asociación (Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Tfno: 981736327). Moitas grazas e un saúdo.

Folga decir que pese a que en corenta e cinco días pouco se pode facer e que as festas deste ano en principio non van a ser para tirar cohetes, aquí en camarinas.eu poñemos a nosa humilde e menguada maquinaria ao servizo da nova comisión para colaborar en todo aquelo que fose menester.


Engadir un comentario