Don Ramón poderá volver a xogar co Tommy, o canciño do seu neto AdriánDespois de máis de tres semanas ingresado nas urxencias do Hospital Universitario da Coruña, Don Ramón Antelo xa está por fin en casa. Foi o 21 de abril de 2011, xoves santo, día de resaca da épica e gloriosa victoria do Real Madrid na final de Copa, cando Ramón Antelo e o Ruso de Xaviña caían tráxicamente, ao ceder unha barandilla de Portos de Galicia, contra as escaleiras do Espigón Vello como paso previo a irse cara o mar. Mentras o Ruso era xa dado de alta no Hospital da Virxe da Xunqueira de Cee ese mesmo día, Don Ramón como consecuencia da forte contusión e da auga inxerida era trasladado ao hospital coruñés onde era ingresado nas súas urxencias. Alí durante máis dunha semana debío loitar duramente pola súa vida, pero finalmente as gañas de vivir deste vello mariñeiro xubilado camariñán puideron máis e así este luns 9 de maio era finalmente dado de alta e no transcurso da tarde voltaba ao seu fogar na Rúa Pinzón de Camariñas.

Unha vez pasado o mal trago, de moitas noites sen durmir, ou apretuxadas contra un incómodo sillón nunha habitación de hospital, de angustiosa espera en pasillos brancos e hixiénicos, as súas fillas Amalia e Teresa así como os seus netos Dani e Adrián, queren agradecer a través da web líder da Costa Atlántica todas as mostras de interés, de cariño, de preocupación, que recibiron continuamente durante os duros días de estadía de Don Ramón no Hospital Universitario. Ademáis, unha vez superado o perigo principal e xa de volta na casa, queren tranquilizar aos seus familiares en Bélxica. Agora comenza unha segunda fase de recuperación, no fogar, entre os seus, que tal vez levará o seu tempo, pero que esperemos finalice cun Don Ramón recuperado dando o seu clásico paseíño diario polo Paseo de Area da Vila e saudando, como sempre facía, a algún que outro canciño impertinente e ladrador que por alí pasee da man do seu dono.

 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Ramón Antelo volve a casaBeldoña 11/05/2011 07:48
Enhoraboa, Ramón. Alegrome de que vaias mellorando e que todo aquelo se quede nun mal sono á esquecer.
Hasta logo, amigo
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador