1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un ano máis o pobo de Camariñas volcouse ca Virxe do MonteFinalmente organizada de un modo impecable pola Comisión de Festas de San Xurxo entre o 24 e 25 de abril tivo lugar o ascenso e procesión da Virxe do Monte 2011. E un ano máis o pobo de Camariñas ascendío ata as alturas celestiais do Monte Farelo en dous días sinalados dentro do calendario camariñán. Tal vez este ano botouse algo de menos os traxes engalanados e os sons festivos da Asociación de Gaitas Abrindo Rejo, pero no seu lugar raiaron a gran altura Os Panchos do Jolfendro que incluso se atreveron o luns extramuros da misa de 12:00 cunha impresionante versión do himno galego que complementou á perfección á misa que tiña lugar dentro do templo. Tamén destacar a actuación do Coro Parroquial que culminou un variado repertorio de cancións sacras cunha peza en honor á Virxe do Monte que foi a mellor forma de rematar dúas xornadas irrepetibles nas alturas do Monte Farelo. Agora a virxiña reposará alí todo o mes de maio para, un domingo de xuño, ser devolta en volandas polo seu pobo á Igrexa de San Xurxo.

Engadir un comentario