- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Abril 2011 21 Abril 2011
Daba o mariñeiro retirado, veciño da Rúa Pinzón, Don Ramón Antelo o seu habitual paseo matutino cara o Muelle Novo de Camariñas. Afable e educado como sempre saúda aos coñecidos e párase a altura da ponte xaponesa do Poso do Muelle para facerlle caricias a un canciño impertinente e ladrador que pasea da man do seu dono. Desfruta dunha soleada e espléndida mañán de primavera e observa como pouco a pouco a explanada do Muelle Novo vaise cargando cos coches que visitarán a Mostra do Encaixe. Xa ao final do paseo de madeira recoñece ao Ruso de Xaviña, un vello amigo, e deciden botar unhas palabras xuntos: falarán do tempo, da victoria do Madrid na final de Copa, de si este ano virán visitantes á Mostra, quen sabe de que falarán ... e para elo deciden apoiarse na barandilla que está ao inicio do Espigón Vello camariñán.
Entón da maneira máis imprevista, da forma máis absurda, a causa da máis pura neglixencia, a barandilla cede e cae con estrépito arrastrando no seu descenso aos infernos a Don Ramón e ao Ruso de Xaviña, os cales primeiro baten contra as escaleiras de pedra do espigón e acto seguido vanse cara o mar. A consecuencia do forte golpe sufrido na cabeza, Don Ramón sufre un lixeiro esvaecemento ca mala sorte de que cae boca abaixo. O Ruso consigue revolverse na auga e, aturdido polo que acaba de acontecer, sube cara as escaleiras. Entón ve a Don Ramón xacendo boca abaixo no mar e rápido vai buscalo e consigue levalo ata o descansiño das escaleiras do espigón. Dous veciños que nese intre están a pasear polas inmediacións, Manolete e Ricardo Más Jr. (máis coñecido como Richard ou Kiká), raudos acuden a botar un man e gracias a uns primeiros auxilios vitais consiguen que Don Ramón recupere o coñecemento e empeze e vomitar a auga inxerida. Acto seguido súbeno ata o espigón e cúbreno cas súas chaquetas mentras se espera á ambulancia que xa está en camiño.
Necesario paso polo Hospital Comarcal da Xunqueira de Cee. Alí tras recibir as curas nun hombro e nunha man dolorida, o Ruso de Xaviña é dado de alta a primeiras horas da tarde. Don Ramón, en principio recuperado da conmoción inicial, recibe as curas polo aparatoso golpe recibido na cabeza e despois comenza a sentir uns pequenos dolores no peito que aconsellan o seu traslado cara o Hospital Universitario da Coruña, onde permanece en observación nas urxencias do Hospital coruñés. Desta forma, dúas persoas retiradas, dous vellos amigos, víronse da forma máis imprevista na situación máis absurda pola neglixencia criminal, mortal de necesidade, de Portos de Galicia ao manter nun estado de lamentable abandono as súas instalacións. Quixo a sorte que desta vez lle tocara a dous homes que desfrutaban nunha espléndida mañán de abril do seu máis que merecido retiro despois de toda unha vida de duro traballo. Tal vez poderían haber sido dous nenos. Ou unha muller embarazada. Puido ser calquer cousa.
{phocagallery view=category|categoryid=617|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.