1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Tractor Municipal Kioti M39 tamén peregrinou ata a Virxe do MonteNa lexanía do camiñante solitario vislumbrouse algo desacostumado nas alturas da Virxe do Monte. Un movemento metálico refulxía brilante baixo os pesados raios solares da tarde de primavera. O forte vento nordeste axuda ao camiñante impenitente a salvar o último tramo e lévao en volandas ata o pe do Monte Faro, sede dende as orixes do mundo dos máis sagrados cultos de Camariñas. A media ascensión, o noso querido amigo Juan "O Chino" abandoou por un día a construcción de beirarrúas no Barrio de Corea e, semellante a un porteiro da NHL que cambiara por un día o seu stick de hockey xeo por unha desbrozadora, afánase en rasurar continentes de toxo a marchas forzadas. Xa cerca do cume, dende a derradeira curva dun camiño bendito, contemplan o xove reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante as evolucións maxestuosas do gran acorazado de aceiro municipal segando malas herbas ao carón da Virxe do Monte tras o seu primeiro santo peregrinar.

A ofensiva do Concello de Camariñas contra o toxo, a maleza e as malas herbas executou un novo e innovador capítulo na tarde do martes 12 de abril cando o buque insignia da armada municipal, o novo Tractor Kioti M39, foi destinado a limpar os arredores da Ermita da Virxe do Monte que serán invadidos por centos de pes camariñáns nas santas tardes do 24 e 25 de abril de 2011. A alma relixiosa da Vila das Palilleiras demanda un novo espacio vital a conquistar ao toxo a base de desbrozamento intensivo. Desta maneira todo está listo e perfectamente condimentado para celebrar nos días centrais da Semana Santa 2011 unha festividade ancestral que por aquelo do calendario este ano solápase ca do Santo Patrón Municipal, San Xurxo, e que determinará que este exercicio o seu programa quede reducido a alboradas, gaiteiradas e misa en honor á Virxe do Monte.

{phocagallery view=category|categoryid=609|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Preparativos da Virxe do Monte 2011Beldoña 14/04/2011 13:48
A VIRXE DO MONTE

A virxe do Monte ten
unha casiña pequena,
con catro santos de pau,
e catro esquinas de pedra.

Non precisa de mais ninguén,
pois é boa mariñeira;
a Barca, agarda en Muxía
á que lle amañen a vela.

Inda están hoxe enleados
en como rematar a tarefa,
e, o Fillo e a Nai, encantados,
polas rúas da miña terra.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.