1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un operario do Concello limpa o monumento ao fundador da Igrexa ParroquialAs Festas de San Xurxo de 2011 xa quentan motores. Todo está listo e preparado para que o 22 de abril arranque por todo o alto a festa en honor ao Santo Patrón do Concello de Camariñas. O pistoletazo de saída dábase ao longo da presente semana con dous sucesos en principio alonxados entre si pero encamiñados a acadar un mesmo fin, un obectivo común. Por un lado, o Concello de Camariñas, como parte integrante da súa ofensiva contras as malas e alborotadas herbas que inundaban ata o último dos recunchos do noso término municipal, destinaba a un dos operarios da Patrulla Municipal de Obras para proceder ao desbroce e limpeza dos arredores do monumento a D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián ilustre que co producto de toda unha vida de duro traballo en México acometía a financiación da Igrexa Parroquial de San Xurxo.

Por outra parte a Comisión de Festas facía público o programa que durante catro días levará a ledicia e a diversión aos fogares das antigas terras de Buría e por extensión ás do resto de Camariñas. Todo comenzará o venres 22 de abril, Venres Santo, cun programa de actividades no que se inclúe a actuación das orquestas Alkar e Costa Oeste. O sábado e sen misa en honor ao Santo Patrón (lóxicamente, tendo en conta o disposto na lexislación eclesiástica que prohibe a celebración de misas ata a resurrección de Xesucristo o Noso Señor) serán Master e Nueva Gneración as que inunden de boa música a Praza de San Xurxo. Esa labor executarana o domingo 24 Panamá e Olympus, mentras que o luns 25 pechará as festas a Orquesta Atenas. Ese mesmo día compaxinarase a festa en honor a San Xurxo con alboradas, gaitas e Misa na Virxe do Monte, cuia organización, segundo puido saber camarinas.eu, corresponderá ao presidente da mellor comisión de Festas do Carme en décadas, Jose Manuel Canosa Campaña.

Polo tanto, todo está disposto para a celebración das grandes festas de Buría nun ano no que por aquelo da casualidade  coincidirá ca Semana Santa, co que nuns poucos días veremos como na Capital Municipal se superporán unha sobre outra a Semana Santa camariñana, a Mostra do Encaixe, a Festa de San Xurxo e os actos vinculados á Virxe do Monte. Se entre medias temos en conta que por ahí andarán varios dos apaixoantes derbies Real Madrid-Barça que están previstos para os días centrais do presente mes de abril a algún pode ser que se lle rebose o corazón con tanta celebración. Algúns, lamentablemente non todos poderán saír gañando.

{phocagallery view=category|categoryid=604|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario