1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Rúa na cal se producíu o atraco esta mañáUnha soleada mañán de primavera. Un vento quente do deserto que trae ata Camariñas esquencidos aires africanos. Unha muller, ama de casa, nai de familia, veciña da emblemática Rúa Pinzón, sube pesadamente a costa da Furoca cas bolsas do Gadis que darán de comer a unha humilde familia camariñana. Un alto no camiño co que recobrar o alento perdido, unhas bolsas que se pousan por un pequeno intre no chan. Entón, furtivamente, ao amparo da sombras provocadas polos altos muros que cercan un dos callexóns máis estreitos de Camariñas, un lóstrego ladronil surxe da nada e en décimas de segundo desaparece co bolso correndo costa arriba ca axilidade propia dun felino das sabanas africanas, ese mesmo continente negro recordado en Camariñas por un día de abrasador vento subsahariano. Corpos de seguridade que percorren as rúas na búsqueda do  sinalado como principal sospeitoso, un habitual destes menesteres presuntamente veciño da costa norte do concello. Unha pequena cantidade de cartos, tódolos datos identificativos, obxectos persoais de gran valor sentimental en paradeiro descoñecido, quen sabe se tirados nunha tajea olvidada unha vez sustraído o producto económico motivador do hurto. Unha denuncia no cuartelillo. Un veciño da cara noite do concello (¿o principal sospeitoso?) que solicita amparo legal gratuito e perxura, por enésima vez ante o enésimo suceso de parecidas características, a súa inocencia. Estrana mañán de inhabitual vento abrasador africano.

Comentarios   

San Remo
+1 # Hasta a este punto chegamosSan Remo 02/04/2011 07:06
Pois si que van tempos malos por ahi. Eu nunca me recordei na miña infancia de sentir de un atraco en Camariñas. O susto que se colliu a pobre muller. E ahora a fatiga para procura dos documentos que tiña na carteira. Vaya haste este punto chegamos xa seria pa matalo.
Responder | Denunciar ante o administrador