1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O noso redactor Bénder husmea intrigado os restos devorados dunha alimañaCara ás catro da tarde do pasado luns 28 de marzo tres lobos eran avistados por uns abraiados operarios municipais de obras na curva do camiño de terra que leva dende o  Lugar do Cotariño ata Penafreu, a escasos cen metros do Hotel Rústico. Uns poucos días antes un rapaz veciño da Rúa do Castillo reafirmábase unha e outra vez ante os seus moi escépticos maiores de que acababa de ver un lobo na parte traseira da súa casa. Entre medias de toda esta ameaza lobuna, a semana pasada o noso redactor canino Bénder husmeaba intrigado o costillar concienzudamente devorado dunha alimaña (¿un raposo? ¿un can? ¿un gato?) nunha beira do camiño que leva en liña recta dende Riás ata o Tilleiro, en plena Buría profunda. E como prolegómeno de toda esta suposta presencia múltiple do lobo en Camariñas, o mesmo día no que o último dos burros de Alvito Diéguez Sr. era aniquilado impunemente, un funcionario do concello cruzábase nas Carballas as oito da mañán cun exemplar provinte da Ensenada da Vasa.

Finiquitado o patrimonio ganadero do noso querido amigo e empresario Alvito Diéguez Patao, unha famélica manada lobuna percorre frenética os camiños de Camariñas na procura de novas víctimas. Visto o estado da situación, ¿serán os lobos os próximos en irrumpir ferozmente nun pleno municipal? ¿Devorarán algún político? ¿Ou tocaralle o turno a algún dos así chamados supostamente polo alcalde "hooligans"? ¿Preferirán virar os seus obxectivos cara as sanas e sabrosas carnes do sempre inocente persoal do concello? Por último, ¿serán as zarpas neste caso dos lobos as que discurran o trazado futuro do Carnaval do 2012? Todo pode ocurrir, querido accionariado, nestes días estranos nos que a ira de Deus Omnipotente se cerne ameazadora sobre a vila de Camariñas. E cada vez máis cerca.

{phocagallery view=category|categoryid=595|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario