1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Triste estado no que quedou o último dos burros propiedade de Alvito Diéguez PataoNon hai moitos anos, o coñecido empresario camariñán Alvito Diéguez Patao emprendeu o ilusionante proxecto de crear unha ganadería de burros do país. Para elo posuía unhas instalacións idóneas nunha finca no marxe dereito da carretera que leva cara o Faro Vilán e moitas gañas e interés no que entendía unha empresa pioneira. E nembargantes, dunha maneira paulatina, sistemática, en tres ataques feroces perpetrados por lobos perfectamente documentados por camarinas.eu, a cuadra équida da súa propiedade exinguíose de forma definitiva. O último dos ataques tiña lugar na mañán deste luns 28 de febreiro de 2011 cando o derradeiro exemplar do que no seu día foi unha pequena cuadra de burros do país morría brutalmente devorado polos lobos.

Eran as 8:00 da mañán do martes posterior ao día de autos cando aínda foi avistado na curva das Carballas, cruzando a carretera en dirección ás Seixas, un lobo solitario que sería en principio o responsable dun ataque, tralo cal novamente podíamos ver ao noso querido amigo Alvito Diéguez Sr. desolado ante a extinción do último dos seus burros, tal e como acontecería a todo aquel que vise como un animal da súa propiedade, co que co pasar do tempo se solen trabar relacións de complicidade e compañerismo, xacer tras ser brutalmente devorado vivo polas fieras, con tódolos intestinos ao aire, ollos implorantes perdidos nunha lexanía inexistente, despois do que debeu ser unha morte atroz, dolorosa en grado extremo. A elo deberíase sumar a indefensión absoluta que sufren os propietarios de animais víctimas de ataques de lobos, en principio destinatarios de subvencións que finalmente nunca chegan. Si os lobos teñen dereito a vivir, tralas recentes campañas de repoboación levadas a cabo en distintos puntos de España, non menos dereitos deberían ter as que son as víctimas habituais dos seus ataques (burros, ovellas, cabras, etc...), polo que antes de acometer actuacións repoboadoras deberíanse sopesar moito tódolos intereses en xogo. 

Pero eso e todo o demáis, a imaxe que onte podía captar camarinas.eu na finca de Alvito Diéguez Sr non podía ser máis dantesca, por elo tendo en conta como decíamos que o lobo aínda este martes podía ser visto merodeando polos arredores de Camariñas, así que non está de máis advertir aos ocasionais visitadores do monte camariñán para que adopten as precaucións pertinentes...

{phocagallery view=category|categoryid=551|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.