1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Polo mar abaixo vai unha bancada de pe, pola mar abaixo vai, quen a puidera collerPreocupado como andaba o noso redactor perruno Bénder polos destinos do patrimonio municipal trala recente visita a Camelle, decidío este venres acercarse ata a Praia de Lingunde para comprobar a sorte que os elementos depararan á descalabrada bancada de madeira que a algunha desorientada administración se lle dou por instalar baixo o centenerario e sombreado pino da célebre praia camariñana hai uns anos. Sin sorpresa, sin pesar, Bénder sacou unha conclusión que ata unha mente canina foi quen de alumbrar e que nembargantes se lle escapou no seu momento a algún instruido e avispado arquitecto/aparellador/enxeñeiro redactor de proxecto de marras. Alí onde o conxunto pétreo posto en marcha por un torturado xenio teutón resiste (cada vez menos, eso é verdade) a forza devastadora dun océano embravecido, aquí as catro táboas da bancada de madeira postas en alineación no fondo dunha ría calma, marcharon polo mar abaixo. Pedra vs. madeira.

Todo esto debío acontecer nalgúnmomento do derradeiro temporal de sur que chegou ás nosas costas precedido dun aura terrible e violenta e que ao final, quedou en eso, en vaticinado verdugo da descalabrada bancada de madeira que permitía un tímido descanso á sombra do célebre pino de Lingunde. O cal, tal e como queda a situación será o próximo en caer. Antes, o mar proseguirá na súa labor de socavado continuado e levará consigo outro medio metro daquela area importada das minas de caolín e que tan pródigamente foi sufragada por esa mesma administración a que se lle dou por subvencionar este, agora si, fenecido proxecto maderero. A este paso, a forza do mar acabará producindo en Lingunde un furado negro, un quásar, que ameaza con levarse por diante carreteras, pinos, chalets e chiringuitos. Á vista do panorama, ante este sinsentido, o noso redactor perruno optou por tomalo con filosofía: botou unha última mirada ao espacio deixado pola bancada perdida, estirou con calma as articulacións dos seus áxiles cuartos traseros e dianteiros e botouse a xogar co que un día fora unha botella de lexía Neutrex que por alí había. Seguramente trouxéraa o mar, ese mesmo mar que se levou a mentada bancada. En fin, el Señor nos lo da, el Señor nos lo quita: Alabado sea el nombre del Señor.

Comentarios   

Pion
+1 # RE: Destrozos definitivos en LingundePion 28/02/2011 10:47
eu a este pueblo non o entendo,o parque todo desfeito as playas mal cuidadas etc....,xa sera a xente que o usa mal, pero tamen se pagan impuestos e o ayuntamiento pode ter un mantenimiento todo o ano e seguro que aforraria cartos, e darian mais traballo, porque ahora van a ter que faser todo de novo outra ves, aqui donde eston eu todo o ano estan cuidando todo e dirialle o alcalde ou a calquera que veñan por aqui e miren o que poden faser eles en camariñas,segur o que aprenden un poquiño,este pueblo era como noso un pueblo mariñeiro e ahora e un pueblo turistico,
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # LINGUNDEBeldoña 28/02/2011 17:54
ESCALEIRAS

-” Primeiro, que suban os auténticos “…Deste xeito sentenciaba un amigo meu, xa finado, querendo controlar á avalancha de xente amoreada no Curbeiro, momentos antes de dar comezo á procesión marítima do Carme.

Naquel entón, todo era auténtico como a vida mesma. A natureza e as persoas, presentábase tal cal eran, reais e sen diferencias.

Ó ano comezaba, sabedores todos nos, que, por diante, agardaban catro estacións ben definidas: invernos longos e crus, onde o mar e os elementos, tiñan prohibido aos nosos mariñeiros saír mais ala da Viulleira, conformándose estes, coa pesca de cana polas pedras da Carnicería, e pouco mais.

Primaveras e outonos, pontes de paso, entre ámbolos dous, e ben definidos meses extremos do calendario.

As sementes ían sen químicas e o escaravello da pataca inda non tiña feito a súa aparición. Alleos estaban os labregos de Buría aos abrideiros de cabeza que, nun futuro próximo, eses bichiños lles ían a traer.

Así era a vida daquel entón: homes e natureza convivindo en perfecta harmonía, sen aditivos nin falsidades. Cada quen mostrábase tal cal era.

O verán, curto pero intenso, apoveitabámolo ó máximo, gozando a diario con excursións dentro do noso ámbito territorial.

Un dos nosos lugares preferidos, era a praia de Lingunde, non so pola súa paisaxe fermosísima, á carón de piñeiros de da súa frondosa vexetación, senón, tamén, pola proximidade ao noso pobo que engadía, no noso día a día, novas ansias de vivir con unha auténtica vida natural e fermosísima de rapaces.

Practicamente baixabamos a rolos polas súas ladeiras, enfociñados e a sobresaltos, en medio de lagartos arnais, entre xestas e silveiras, que rabuñaban as nosas pernas expidas, ocasionando tornecelos que dificultaban ó noso andar.

Tan so un par de carreiriños areosos, marcaban costa abaixo á ruta de chegada.

Certo día, un grupo de mociñas, compañeiras nosas de aventuras, animáronnos a construir uns pasos para suavizar ó declive natural da baixada, e axeitar coa mesma area, unhas escalinatas que fixemos a gusto e á nosa maneira.

As primeiras escaleiras, pois, de Lingunde, foron obra de uns rapaces laboriosos e respectuosos coa naturaza e co lugar.

As de hoxe, sucumben lentamente queixadas de melancolía, e, cos seus choricos, abren o paso entre o cimento, como encarnando unha nova Ave Fénix que xurde, dende o mais fondo, querendo abrir á alma das AUTÉNTICAS primeiras escalinatas, agochadas entre as areas da nosa praia de Lingunde.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador