1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A Ira Divina caío en toda a súa inmensidade este domingo sobre Camariñas en forma de tormenta eléctrica

Segunda mostra do serio enfado que Deus o Noso Señor agocha cara Camariñas tralos recentes e lamentables espectáculos políticos. Cara ás 12:00 do pasado domingo 20 de febreiro o día converteuse en noite, as tinieblas e as sombras apoderáronse do ceo camariñán, e unha incesante tormenta de tronos e relámpagos encolleu o corazón das boas xentes e fixo tremer todo o firmamento, o que viría a sumarse á tromba de auga que a semana anterior derruío muros no Distrito de Buría. A forza eléctrica da Ira Divina alcanzou en toda a súa omnipotente inmensidade un dos xa de por si destartalados molinillos eólicos do Parque de Cabo Vilán, o cal si é que xa non valía para muito tras impactar brutalmente contra unha das súas aspas un raio, agora xa quedou para o arrastre. Falan os pescadores que se atopaban nas inmediacións da Pedra da Jallada (Reira) dunha chuvia de raios caendo no mar e de fuxidas apresuradas por aquelo da forza magnética das canas. Incluso contan supostos testigos presenciais a caída dun raio no recinto da Salmonera (planta acuícola de Stolt Sea Farm) e dun éxodo másivo dos seus traballadores presas dun ataque de pánico xeralizado.

"También Judas cuando se iba a ahorcar oía truenos", "Eso no son truenos, son cañonazos", "Truenos o cañonazos, para ti ya es lo mismo". Ante a ira de Deus desencadeada, xa nin siquera as palabras do célebre diálogo cinematográfico entre Clint Eastwood e Eli Wallach (El Bueno, El Feo y El Malo, 1966) son aplicables aos presuntos causantes do malestar do Creador contra todo un concello de xentes inermes. Non se sabe por estas terras de ningún político que se vaia a aforcar (por agora). Outra cousa será nos terreos posteriores ao 22 de maio, unha vez resolta "La Madre de Todas las Batallas", cando se produza ben o reingreso forzoso na dura e xélida vida civil, ben se corte en seco e para sempre o soño tan longamente anhelado. Entón si que vai haber tronos, cañonazos, raios, bombas de palenque e sogas ao pescozo.

Pero mentras non se produzan tales feitos, mentras os causantes da Ira de Deus non reciban o seu xusto merecido, as boas xentes tal vez teñamos que postrarnos ante Deus o Noso Señor e implorar o seu sempre misericordioso perdón, sendo o máis indicado, vendo o carácter eléctrico que adopta neste caso a ira divina, solicitar a intercesión de Santa Bárbara Mártir:

"Santa Bárbara bendita, 
que en el cielo estás escrita,
guarda el pan, guarda el vino,
guarda a la gente que va por el camino..."

 

Comentarios   

Beldoña
+4 # O QUE SE DA NON SE QUITABeldoña 22/02/2011 09:48
Santa Bárbara bendita,
Fala ti con Santa Rita,
E acudide ó Poderoso
A que nos deixe en paz bendita.
Que rexeite sogas do pescoso,
E, xa está ben de tanto trono,
Que se fixo ó altar da terra,
O que se da non se quita.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.