1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado 29 de xaneiro a Rúa do Areal amenceu salpicada por unha gran mancha de aceite

Despois dunha semana de duro traballo, maiormente exposto aos rigores da intemperie, a relaxación típica do venres tarde debería anunciar para un esforzado operario de obras municipal a chegada dun prácido fin de semana. Nembargantes a obriga esixente dun servizo continuado, en ocasións unido ao sacrificio máis ou menos voluntario de Protección Civil, conleva que aos horarios máis intempestivos un deba abandonar o prácido leito, levantarse dunha mesa surtida humildemente ou deixar unha reunión cos amigos co máis que merecido chiquito a medio achicar. Trátase da balada triste do patrullero municipal: unha vida co móvil como principal enemigo. Un exemplo prototípico tivo lugar na fría e húmida mañán do pasado sábado 22 de xaneiro cando unha imponente mancha de aceite tinguío o polémico e colorido firme da Rúa do Areal.

E ahí, ante a inevitable e urxente chamada telefónica, pudímos ver xa cos primeiros e oblicuos raios invernais a un compoñente do Servizo Municipal de Vías e Obras espallando polo pavimento impreso do Areal un producto especial chamado a absorver os compoñentes oleicos que poderían levar aos automóviles a esvarar pola rúas de San Miguel e do Areal e a embestir contra todo o que se puxese a tiro. Entre os potenciais obxectivos a abatir non se atoparía a coqueta faroliña que lucía tipo fino no Cantón da Leña, a terceira nos últimos meses segada no mellor da súa vida de servizo público por mor dunha embestida automovilística asesina. Triste destino o das farolas municipais víctimas propiciatorias ou ben dun exceso de número, ben dunha colocación inadecuada, ou ben dunhas conduccións temerarias e imprudentes. Algo desto último debío existir na derrota do automóvil que por dirección prohibida (Rúa San Miguel) foi espallando no día de autos polo Areal o letal aceite ata que rueiro da farmacia vella arriba se perdío a súa pista. E xa, nas primeiras horas dun xélido e chuvioso fin de semana, supoñemos que recén sacado da confortable cama na que durmiría o soño dos xustos, pitillo en boca asomando entre os pelos canos dun bigote doutra época, cuello subido, un sufrido operario municipal esparcía paladas dun producto químico que, por aquelo da inevitable especialización laboral tras penosos anos de sacrificado e nunca ben recompensado servizo, sabía que chuparía ata os tuétanos o aceite espallado por un conductor imprudente. Outro caso típico de Municipal Patrolman Blues: Canción Triste de Patrullero Municipal.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.