Os caramelos un ano máis inundaron as rúas de Camariñas

Un ano máis os caramelos inundaron as rúas de Concello de Camariñas e inxentes multitudes de veciños correron tras eles. E do mesmo xeito que de cargadas bolsas de sardiña donadas graciosamente por algún dos armadores camariñáns de antes, unha pequena procesión de veciños retornaban cara o fogar co producto da Cabalgata de Reis. O que antes se facía en humildes tractores buriáns reconvertidos en suntuosas carrozas alá polos 80 dou paso cos bos tempos de finais dos 90 e principios do 2000 a carromatos de xa máis envergadura e polo tanto maior custe pecuniario, ultramodernas construccións da última tecnoloxía. Agora, co gallo da crise cómpre aforrar ata o último peso e así reconvertidas cabalgaduras de orixe secular retornan ás rúas do concello ca nova década que comenza. Pese a todos estes cambios o chófer segue a ser de excepción: un ano máis chegado dende as entrañas profundas de Brañas Verdes Manuel Mouzo Lema foi o encargado de dirixir calmosa e experimentadamente a monárquica expedición oriental a través dun día de inagotables compromisos infantís. E así, cara ás 20:30 con exquisita puntualidade británica Manolo achegou ás Maxestades chegadas de Oriente ata aos ilusionados cativos camariñáns e entón alí todo foi repartir ilusión (e caramelos).

{phocagallery view=category|categoryid=478|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario