5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (11 Votes)

Os Reis Magos non faltarán este 5 de xaneiro á súa cita anual cos rapaces do Concello de Camariñas

Calqueira que na tarde deste martes 4 de xaneiro do recén estreado 2011 se acercase polo baixo do galpón burián que cumpre as funcións de almacén municipal podería contemplar como varias operarias se afanaban dura e ilusionadamente na posta a punto da carroza imperial que o Concello de Camariñas poñerá graciosamente a disposición das Maxestades Magas de Oriente no seu paso polas terras de Camariñas. Será cara ás 12:00 da mediodía 5 de xaneiro cando se espera que estes tres monarcas orientais fagan a súa entrada no concello polo afastado Lugar de Brea, sitio onde deixarán aos seus derrengados camellos ao abrigo de calqueira dos confortables cortellos xaviñáns e subiranse ao variado parque móbil municipal posto ao seu servizo. A axenda real ven sobrecargada e por elo na mañán do día de autos percorrerán a cara norte do concello levando un carromato cheo de regalos e ilusión aos rapaces camariñáns. Posteriormente, cara ás 17:00 horas chegarán ca súa corte imperial á vila do Río Grande para partir cara as terras llanas de Xaviña onde se espera a súa chegada ás 18:30 horas. Finalmente e tras unha extenuante xornada, as 20:00 é o horario previsto para a súa chegada á Capital Municipal, dependendo da choiva si a recepción do Señor Alcalde e demáis munícipes ten lugar na Praza da Insuela ou no polifacético Pavillón Municipal.
A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Camariñas organiza unha vez máis a cabalgata de Reis.

As SS.MM de Oriente chegarán a Camariñas o día 5 de xaneiro nunha espectacular carroza que percorrerá tódolos lugares do concello repartindo caramelos e ilusións.

Haberá recepcións oficiais en Arou, Camelle, A Ponte do Porto e Camariñas. As paradas, segundo o protocolo, realizaranse nos seguintes lugares e horas:

12:00h Brea

12:30h Santa Mariña

13:00h Arou na Praza, (se chove na Centro Cultural da Estivada)

15:30h Camelle, na Casa do Alemán

17:00h A Ponte, na praza de San Roque (se chove no pavillón)

18:30h Xaviña, no campo da Igrexa (se chove no teleclub)

20:00h Camariñas, na praza do Concello (se chove no pavillón)

Empresas Cerdeimar e GADIS son os patrocinadores e financian os caramelos.


 

Engadir un comentario