5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (7 Votes)

Este sábado non te podes perder a gran Festa do Balonmán de Camariñas

O vindeiro sábado día 25 de decembro o Club Balonmán Camariñas Conservas Boya celebrará a xa tradicional Festa de Nadal. Será como de costume no Pavillón Municipal “O AREAL” DE CAMARIÑAS". A festa dará comezo ás once da noite e prolongarase ata altas horas da madrugada. Este ano contaremos con dúas grandes formacións da vebena galega como son A NOVA ORQUESTA CHASTON ,e unha das grandes A ORQUESTA PHILADELPHIA. Como novidade a orquesta chaston fará a súa posta de largo en Camariñas estrenando a súa etapa como orquesta. Na formación que compoñe a gran orquestra Philadekphia podemos destacar aos vocalistas David Balboa (EX PARIS DE NOIA) e María García (EX ORQUESTA MARBELLA).


María García e moi coñecida en Galicia polas súas continuas aparicións televisivas no programa Land Robert da TVG.

Para que a festa sexa todo un éxito de público, O Club Balonmán Camariñas puxo un prezo simbólico de 1 so euro para poder asistir a esta gran actuación. DURANTE A FESTA SORTEARASE UNHA IMPRESIONANTE CESTA DE MARISCO.

DENDE O CLUBE BALONMAN CAMARIÑAS QUEREMOS AGRADECER A TODALAS CASAS COMERCIAIS QUE COMA CADA ANO COLABORAN NA REALIZACION DO IMPRESIONANTE CARTEL DA FESTA,QUE SIN O SEU APOIO NON PODERIAMOS LEVAR A CABO ESTA FESTA.

Engadir un comentario