5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (13 Votes)

Imaxes e vídeos dunha noite na que se mascou o drama por momentos na histórica Rúa Pinzón

Chispas Eléctricas na Rúa Pinzón

Era pasada a medianoite do domingo 19 de decembro de 2010 cando os sufridos veciños da Rúa Pinzón empezaron a comprobar con preocupación como o aparataxe eléctrico dos seus fogares fallaba seguindo un parpadeo rítmico. Apagado-encendido. Apagado-encendido. Instantes despois e procedentes da rúa invadiron as casas uns atronadores estouridos que levaron a algún a pensar se o goberno estalinista de Corea del Norte decidira xirar os seus obxectivos e pasara a bombardear Camariñas, claramente molesto con algunha das últimas decisións estratéxicas do equipo de goberno municipal. O asunto das reproduccións do Guernica, tal vez. Quen sabe. Unha vez asomado ás ventanas a práctica totalidade do vecindario, este comprobaba como o transformador dun dos postes da luz ardía acompañado de chisporroteantes explosións de aparato eléctrico. Entón xa era cuestión de segundos que José Manuel Tedín Tedín fixera a súa aparición en escea. Efectivamente, pasados tan só uns poucos minutos o insustituible, polivalente e multifuncional Tedín facía acto de presencia polo fondo do escenario do Areal ao frente do dispositivo de Protección Civil de Camariñas e rápidamente dispoñía todo o necesario para que o actor que estaba chamado a desempeñar o papel principal neste drama entrara en escea.

Sacado apresuradamente da cama onde durmía o soño dos xustos tras unha infernal xornada familiar de compras en Coruña, o peor aínda estaba por chegar para Manuel Canosa Bermúdez, electricista municipal en funcións. Soñoliento, tranquilo, impávido e firme ante a inxustificada alarma veciñal,  omnipresente o seu clásico xesto de mans expertas enfundadas en cazadora bermella, nun só instante recompuxo na súa mente eléctrica o estado da situación e acometeu con menosprecio humilde da súa integridade fisica a extinción do incendio dunha caixa eléctrica que por momentos foi confundido por algún despistado veciño con letais misiles norcoreanos. Posteriormente e xa solventada a situación aparecían en pantalla ata dous camións de bombeiros, convertidos en tristes actores secundarios por mor da actuación estelar do equipo camariñano-xaviñán e que tiveron o descaro de aparcar entre as dúas liñas marelas, unha a cada lado da rúa, que o concello puxo diante dun negocio particular convertindo desta maneira unha vía pública nunha rúa privada (¡¡ La Calle Es Mía!!). Respecto ás causas dun incendio que cun pouco máis de vento puido extenderse sen o menor reparo ás casas veciñas, os técnicos polo momento descartan a pista dunha sabotaxe perpetrada por axentes comunistas infiltrados polo réxime norcoreano de Kim Jong Il e sinalan que presuntamente.... chissst, quieto parado: alguén douse por aludido polas nosas palabras e amenaza a esta redacción con demandarnos ante os tribunais. Como aquí xa estamos un pouco cansados destas historias, de meternos jaleos, pois abrimos un paréntesis, un furado negro que se traga as palabras aquí antes publicadas e que describían as causas do incendio que finalmente convertío os primeiros momentos da madrugada do luns 20 de decembro nun remedo eléctrico da traca das Festas do Carme, ata que Manuel Canosa Bermúdez, soñoliento, impávido, omnipresente o seu clásico xesto de mans expertas enfundadas en cazadora bermella, cuns cantos chorros de burbuxeante espuma puxo fin ao drama que animou por momentos unha noite de inverno na Rúa Pinzón.

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Incendio Eléctrico na Rúa PinzónBeldoña 20/12/2010 23:32
Pois eu no no teño nada claro, porque dende o ano 1950 en que se declarou a guerra da península de Corea ata que finou co armisticio no ano 1953, ó tratado de paz segue sen firmarse, posto que, en Camariñas situouse una colonia de Corea do Norte que nunca fora aceptada polo República Democrática do Sur. Tanto Kim II Sung, o seu fundador, como os seu sucesor Kim Jong II ( comandante en Xefe, das forzas ocupantes ), dende xamais depuxeron as súas armas, e as bandeiras multicolores seguen ondeando polos balcóns da plaza do pobo tomada. Ante o inminente estado de sitio por parte da mariña surcoreana e as manobras navais conxuntas coa armada norteamericana, o Xeneral Lee Myung- Bak e a Asamblea Popular de Insuela, están a asediar o fortín enclavado en pleno centro do noso pobo…¿ Non serán acaso os primeiros chispazos que preceden o desembarco das forzas Aliadas ?…“ that is the question “ Conven estar atentos á xogada de estratexia.
Antonio
Denunciar ante o administrador
CAFETERIAOCAMARINAS
0 # vergonzosoCAFETERIAOCAMARINAS 21/12/2010 10:31
es vergonzoso la manera de reirse de la gente,cuando se dice que el electricista se levanto de cama de una manera injustificada y alarmista de los vecinos.¿que hacen, dejan que se quemen sus casas? ¿ y lo bomberos,cuando estan de servicio pueden aparcar donde les plazca al tratarse de mienbros de rescate? por eso digo que es un poco patetico la forma de expresar esta noticia.ESPERO ESTO SEA PUBLICADO Y NO VETADO POR LA DIRECCION DE LA PAGINA.LOS CUALES TAMBIEN HAY QUE DECIR QUE HACEN UNA LABOR ESPECTACULAR CON EL INFORMATIVO DE ESTA PAGINA,UNICA EN LA COSTA DA MORTE.YO SOLO ESTOY EN DESACUERDO EN LA FORMA DE REDACTAR ESTA NOTICIA,Y CREO QUE LOS VECINOS DE LA CALLE PINZON MERECEN UNAS DISCULPAS.
Denunciar ante o administrador
meular
0 # Incendio na Rúa Pinzónmeular 21/12/2010 13:52
Éu estou de acordo co comentario anterior, está moi ben esta web porque nos enteramos de cousas que pasan no pobo que de outra forma pasarían desapercibidas pero tamén quero comentar que antes de dar noticia algunha e poñer en entre dito (porque todos os do pueblo sabemos que letreiro está en ese poste e sobre todo os veciños) o nome dalgún establecemento situado nesa rúa hai que verificar o que se vai a comentar e non falar por falar. Si a causa foi o meu letreiro foi un accidente fortuito como pode haber outros moitos e se non estaba ben o letreiro colocado nese poste, as autoridades ou personas competentes non tiñan máis que poñerse en contacto conmigo e eu tomaría as medidas oportunas.De tódolos xeitos en todo momento desde que fun avisado do incendio estiven en contacto co Sr Manuel Canosa, electricista do concello e quen teña algo máis que decir ou comentar que pase polo Restaurante Marisquería O Meu Lar e que se deixen de rajar por rajar.

Un saúdo e espero que este comentario sexa publicado.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.