5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (14 Votes)

Pilar e Lin, un matrimonio exemplar ata o último dos seus días

Ata Sempre Lin

Recén saída do terrible calvario xudicial a que se vío sometida tan inxustamente durante os derradeiros tres anos, na madrugada deste domingo 19 de decembro de 2010 a desgracia volvía a golpear duramente á Familia Lin en forma de falecemento do seu patriarca, Edelmiro Campaña López, coñecido popularmente dende sempre en Camariñas como "Lin". Un agravamento do cáncer de esófago que durante estes últimos tempos viña padecendo levou a que a principios da semana pasada Lin fora ingresado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela ata que cara ás catro da madrugada deste domingo finalmente, aos seus setenta anos, falecía.Felizmente casado con Pilar Carril, este matrimonio constituío sempre todo un exemplo de convivencia, respetuo mutuo e amor e dende a súa casa da Rúa Pío Pío criaron aos oito fillos, dúas mulleres e seis varóns, tres dos cales seguiron os exemplares pasos do seu pai no mar e convetíronse en dignos sucesores dun nome mítico dentro do mundo mariñeiro da Costa da Morte.

Efectivamente, co falecemento de Edelmiro Campaña López desaparece un dos últimos armadores lexendarios da Vila dos Encaixes, aquela raza de patróns que pasaron á historia da pesca de baixura, e vaise unha forma de entender o mar e unha auténtica institución en Camariñas, deixando un oco prácticamente imposible de cubrir. Persoa afable, cariñosa e amante dos animais, cando os seus barcos (Los Cinco Latinos, Los Tres Magos, Lago Dos) volvían do mar sempre tiña preparada unha bolsa de peixe para aquela xente, que nos malos anos da escasez, llo ía pedir ("cando o barco de Lin collía peixe ... Camariñas collía peixe"). Sen dúbida o seu estado de saúde víose agravado pola terrible desgracia que en setembro de 2007 se abatía sobre a súa familia, vendo como durante máis de dous meses ata tres dos seus fillos eran inxustamente encarcelados por un suposto delito do que despois serían absoltos e que durante tres longos anos viviron un implacable calvario xudicial. Pero vaise Lin ca conciencia tranquila e a ledicia de ver como o bo nome da súa familia era finalmente restaurado e a inocencia dos seus fillos probada. Os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa Pío Pío e o seu funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 16:30 horas deste luns 20 de decembro de 2010. Edelmiro Campaña Carril, dende a redacción de camarinas.eu, en nome dos seus miles de lectores, co máximo respeto e unha profunda pena, Descansa En Paz.

{phocagallery view=category|categoryid=394|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios   

jose de marta
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezjose de marta 19/12/2010 16:34
Eu quero dar en nombre da miña familia o mais sentido pesame a toda a familia pola perdida dese gran home,unha gran perdida para o noso pobo.D.E.P E DIOS O TENA NA GLORIA.
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezReyesFP 19/12/2010 17:16
Coñecino no verán pasado, nunha breve entrevista que preparoume un amigo común, para facerlle entrega dun cadro que de maneira espontánea pintara no que aparece un dos seus barcos de pesca, fondeado no peirao de Camariñas.

Pareceume unha persoa agradable, algo canso xa enton e creo que vin nos seus ollos escintileos de añoranza cando estaba a mirar debuxado o barco que un descoñecido, sen causa xustificada e sen pedir nin aceptar nada a cambio, puñalle nas súas mans.

O meu máis sentido pésame á súa familia e a Camariñas pola perda que para eles significa. Descanse en paz.

Reyes
Responder | Denunciar ante o administrador
crack_bua_10
+3 # FAMILIA BUA LISTAcrack_bua_10 19/12/2010 18:25
A familia bua lista queremoslle dar o mas sincero pesame, a este home tan agradable que se foi co cariño de todos nos.Queremoslle moito a esta familia;por eso o recordaremos para SEMPRE.

FAMILIA BUA LISTA
TONO
Responder | Denunciar ante o administrador
crack_bua_10
+3 # TONO E MAIKAcrack_bua_10 19/12/2010 18:30
Quero dar o meu mas sentido pesame a ese home tan maravilloso que e LIN o meu patron de parte de TONO E MAIKA un saludo para toda familia.Descans a en paz.


LIN
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezMikel 19/12/2010 19:19
Admiración,Resp eto ante unha persoa chea de amor,de unión cos seus sentimentos.....

Profundo,Gran pai,gran marido,ser MITICO perdurable na memoria eternamente dunha vila mariñeira...

Lobo de MAR que ola tras ola fixeron estela co nome dunha LENDA dunha REALIDAD latente en por vida,porque nadie morre eternamente mentres haxa alguén que lembre ese nome.

LIN,SEÑOR LIN,QUERIDO TIO LIN...Hoxe mira hacia un horizonte que non alcanzan os nosos ollos,un trono que lle ten gardado DIOS e onde o espera orgullasemente por haber formado un SER HUMANO dende os pes ata a cabeza...EXEMPL O de ADMIRACIÓN

D.E.P...Que Dios o teña na Gloria....

A toda a sua familia,a miña familia...as máis profundas condolencias por esta perda tan grande...

Miguel y Familia
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
+3 # UNHA GRAN PERSOAreira 19/12/2010 19:21
Quero deixar aqui o meu mas sincero pesame a familia pola terrible desgracia que estan pasando e mas en estas fechas,moitos animos a familia e que dios o teña na gloria,para min personalmente unha grandisima persona,descans e en paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezDuane Duke 19/12/2010 19:45
En nome da familia Esteiro Ramos quero expresar o meu mais sentido pésame polo falecemento de Lin, veciño e gran amigo da miña avoa Anita. Descanse en Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
samsam
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezsamsam 19/12/2010 19:59
.......BUENO EU TAMEN LLE QUERO DAR O MEU MAIS SENTIDO PESAME A FAMILIA DE LIN POR ESTE TRAXICO SUCESO UN ABRAZO A TODA A FAMILIA....D.E. P.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezPion 19/12/2010 20:28
o meu mais sinsero pesame a familia de lin D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezMTCC 19/12/2010 20:30
O meu mas sentido pesame a toda familia...D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
lampra
+3 # fallecemento de linlampra 19/12/2010 21:49
o meu pesame a toda familia vaise un home moi vo e unha lenda do povo e moi querido neste.acompaños no sentimento a sua muller pilar e a seus fillos edelmiro,pili,m anuel ,raquel, felipe,dani e sobretodo o meu querido amigo carlos que descanse en paz contodo cariño e rrespeto que dios o acolla na sua gloria ...rancho
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezO SOCO 19/12/2010 22:08
QUERO EXPRESAR O MEU MAIS SENTIDO PESEME A TODA FAMILIA LIN. CAMARIÑAS VOLVE ESTAR DE LUTO POLA PERDIDA DE OUTRO DOS "GRANDES" DA NOSA VILA. D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
JmacBE
+3 # REJmacBE 19/12/2010 22:18
Primiña imaginome como estas pasando, non dijo mais, espero verte pronto, un abrasiño moi jrande.
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezkarina 19/12/2010 22:37
OXE ESTON SEN PALABRAS,,,FOIS E MEU TIO LIN,,UN GRAN HOME,,,O MEU MAS SENTIDO PESAME A TODA SUA FAMILIA,,,K TAMEN É A MIÑA,,,D.E.P TIO LIN,,,K DIOS O TEÑA NA GLORIA
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezBeldoña 19/12/2010 23:35
LIN

Xa as bágoas ennegrecen a aurora
E as pingas aturan as nosas venas,
O pobo enteiro afoga nas penas
Laiando os barcos no peirao de fora.

Cabaleiro dadivoso sen mestura,
A fame de fora arredou co xantar
Das xentes humildes do noso lugar,
E, a Costa da Morte, coñeceu a fartura.

No alto das nubes largou súas redes:
Sardiñas a eito, cachelos e boroa,
O barco de Lin, atracando de proa,
E, todos á Lonja, que alí as veredes.

Tres pitadas amoreadas nos ventos,
Cando nos ceos estee á atracar,
Comezan pausadas á puxar
O mellor peixe da alba dos tempos.

¡ Descansa !
que ben, tes gañado ó teu xantar.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
MERY
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezMERY 19/12/2010 23:50
o meu mais sentido pesame a toda sua familia nestes momentos tan tristes e duros.
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia e Oscar
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezNoelia e Oscar 20/12/2010 00:14
Darlle o noso máis sentido pésame a familia Lin por esta perdida tan grande. A morte dun pai é moi dura, pero se ese pai é unha persoa tan honrada e boa como era o señor Delmiro ainda doe moito máis. Que Dios o teña no seu lado que ben merecido o ten. Un bico moi grande e moitos ánimos a toda a familia pero sobre todo a Dona Pilar a cal sempre lle tuben muitísimo cariño.... Tanto eu como toda a miña familia sentimolo na alma.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezlucia018 20/12/2010 00:53
O meu mas senciro pesame a toda a familia. D.E.P.Edelmiro Que dios che teña na Gloria.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezzhúkov 20/12/2010 07:34
Bueno, no meu nome e no de meus pais quero darlle o meu máis sincero pésame á Familia Lin por esta pérdida tan grande. Nestes momentos tan duros, non podo evitar recordar ao meu abuelo Manuel Campaña Martínez, Perrúa, outro dos armadores históricos de Camariñas. Ante a pérdida irreparable de homes de semellante valía, irremplazables, sempre me quedará a duda de si nos, os seus descendentes, seremos capaces de estar á altura do seu legado, de si algún día poderemos siquera igualar mínimamente o que eles foron capaces de facer. Posiblemente xa non queden homes así, estamos ante a extinción dunha raza de homes inigualables... En fin, Edelmiro Campaña López, Descanse en Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+3 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezmantida 20/12/2010 10:36
O meu sincero pesame a toda familia Lin.D.E.p. señor Edelmiro.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # Descanse en Paz Señor Delmirodiegoalfr 20/12/2010 12:17
Foise un gran home e bo veciño. Quero darlle as condolencias a toda a súa gran familia. Vamos a meter moito de menos ao Señor Delmiro. En fin, descanse en paz. Estará sempre na nosa memoria.
Responder | Denunciar ante o administrador
Dario Martrinez
+1 # Pesame a familia linDario Martrinez 20/12/2010 14:23
Camariñas esta de luto,foise posiblemente o patron e armador mais emblematico de Camariñas,chama do cariñosamente de moitas maneiras "o admirante lobo"(chamado asi polos seus mariñeiros pola sua valentia)"Anton "(chamado asi polos seus fillos)e coñecido por todo mundo por Lin.Por desgracia sei o que e perder un pai,e casalidades da vida pola misma enfermedad e no mismo sitio,solo decir que un pai nunca se olvida e e moi duro superar a sua perdida,o gran consuelo que lle queda a familia lin e o testigo de ser fillo,muller,no ra,neto,etc de un gran home coma era el,algo do que un ten que sentirse moi orgulloso e pasaran os anos pero cando falen con personas que coñeceran a Lin sempre lle falaran cousas boas de el e eso e moi bonito.Nada mais ,decir que animo a toda a familia e o mais sincero pesame meu e da miña famila.
Responder | Denunciar ante o administrador
Familia Blanco
+2 # O noso mais sincero pesameFamilia Blanco 20/12/2010 16:23
Queremos dar en nombre da nosa familia o noso mais sincero pesame a familia do Señor Edelmiro... Que descanse en paz !
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+1 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezjuanillo 21/12/2010 09:14
Quixera unirme a todos vós e darlle o máis sentido e sincero pésame a toda familia de Lin en nome da miña.
Foise unha persoa mítica e moi querida, como así se puido comprovar coa cantidade de persoas que asistiron ao sepelio, eso xa di como era Lin, sobran as palabras.
D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
ines
+1 # RE: Falece Edelmiro Campaña Lópezines 21/12/2010 09:50
o meu mais sentido pesame para familia de este gran home como era o sr.lin dios o teña na gloria
Responder | Denunciar ante o administrador
piñolo
0 # ke dios :piñolo 06/01/2011 12:42
delmiro: mandolle este mensaxe a toda xente ke che kere....osea ,toda,,pero sobre todo a tua familia ke siempre o sufre mais,,,,ke dios che teña na gloria,amijo,,, o meu pesame,a familia..
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # RE: Falece Edelmiro Campaña LópezE logo ti de quen es 06/01/2011 21:44
Mi más sentido pesame a toda la familia Lin.
Responder | Denunciar ante o administrador