Así quedou a porta do Bar José Manuel tralo paso dos ladrónsXa non corrían tempos demasiado bos para o madridismo cando soubemos que na madugrada deste martes 14 de decembro de 2010 o seu santuario por excelencia en Camariñas sufría un duro golpe. En efecto, un dos bares clásicos da Vila das Palilleiras, o Bar José Manuel, aparecía esta mañán ca luna da súa porta rota, tras ser forzada a mesma por unha banda de ladróns composta por dous varóns e dúas féminas, veciños de Carballo, que nun primeiro momento fixéronse ca súa máquina tragaperras para despois ser rápidamente detidos pola Guardia Civil e ser postos a disposición xudicial. Xa esta mañán podía vislumbrarse un movemento nada habitual no cuartel da Benemérita de Camariñas con ata tres automóviles do Instituto Armado, así como un Seat Toledo branco en principio propiedade dos detidos, aparcados nas súas inmediacións tras unha noite especialmente movida. Segundo puido saber esta redacción, os cacos carballeses virían a facer unha ronda camariñana que incluía en primer lugar a entrada pola porta traseira do Café Bar Oasis, ao resultar infructuosos os seus intentos decidiron tomar por asalto o templo emblemático do madridismo camariñán, local no que causarían destrozos  de diversa consideración no seu mobiliario, marchando finalmente ca máquina tragaperras e os altavoces.

Nembargantes, o santuario madridista acabou por ser a tumba dos maleantes xa que a alarma silenciosa conectada co fogar de José Manuel puxo en alerta a este e unha vez avisada a Guardia Civil, os asaltantes caeron en cuestión de minutos, concretamente á altura de Xaviña tras unha pequena persecución estilo Hollywood na que chegaron a tirar os pobres altavoces afanados, e que tan boa música dos 80 tocaron durante tanto tempo, contra o coche da Benemérita. Non sabemos si os detidos teñen que ver co atraco que en data 9 de abril do ano en curso sufrío outro dos establecementos hosteleiros da vila, o Café Bar Arnela, onde tamén fui sustraída a máquina tragaperras. En todo caso, constitúe unha boa noticia a detención dos responsables do roubo e esperando que tras ser postos a disposición xudicial non estén de volta nos seus fogares antes incluso que a propia Guardia Civil retorne ao seu cuartel, enviamos un saúdo agarimoso ao noso querido amigo José Manuel, pero sobre todo aledámonos de que os sufridos madridistas sigan a ter un templo no que poder manter viva a súa lucha. Porque o Madridismo poderá estar ferido, pero non morto. O Madridismo nunca morre.

{phocagallery view=category|categoryid=390|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}asdaefd

 

Comentarios   

CCB
+3 # No vamos a ningún sitio...CCB 14/12/2010 13:47
Me duele escuchar estas malas noticias... Ya no se puede vivir tranquilo en ningún lado... Mi más sincero abrazo a Jose que todo lo que tiene de madridista lo tiene tambien de buena gente
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+3 # RE: Roubo no Bar José ManuelDuane Duke 14/12/2010 14:10
Ojalá lles caia o pelo a esos 4 matados.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+3 # RE: Roubo no Bar José Manueljose de marta 14/12/2010 22:20
Eche o que hay jose,un saludo muy grande.
Responder | Denunciar ante o administrador