- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 02 Novembro 2010 02 Novembro 2010

Calqueira que percorrera os camiños, que soupera do duro día a día da leira, da semente e da recolleita, podía decatarse de que estabamos a vivir un outono seco, feble en choivas e pródigo en ventos, que a terra ficaba agostada e que as poucas gotas que soltaba un ceo orfo de nubes axiña eran absorbidas ávidamente por unha natureza deshidratada. Un par de fortes temporais dispersos, illados no mar de tardes calmas e suaves, non foron quen de revertir esta indesexada situación e nestas advertiron dun novo forte temporal ca súa ecuación de fortes ventos e alertas laranxas: de forma semellante á anterior, viría a enturbiar unha nova ponte encaramada na inalepelable xeografía do calendario laboral. E nembargantes tal e como sucedera cos compañeiros que o precederan o derradeiro temporal chegado ás costas galegas caracterizouse por un tableteo disperso de ráfagas de forte choiva, por uns ventos serios, xirando os do sur cara os do norte por momentos na tarde do domingo 31 ca súa secuela de frío mortecino, pero sobre todo pola bravura dun mar disposto a encaramarse con furia salvaxe sobre unha costa inerme. Con todo a terra non acaba de recibir a ración debida que a enchoupe definitivamente e os camiños aínda non foron inundados por unhas augas reinas da situación ata o mes de maio. Non acaban os ceos camariñáns de estourar en toda a súa apocalíptica magnitude.
{phocagallery view=category|categoryid=243|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios
Estupendo (¿arriesgado?) trabajo, Diego y/o Marcos. Deberíais prodigaros más con este tipo de regalos, que en tiempos no muy lejanos aparecían con mayor frecuencia. Enhorabuena.
La presentación a cargo de la redacción de Camariñas.eu, impecable, muy en la línea de su habitual calidad.
Reyes.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.