Durante moitos anos a Vila de Camariñas foi fundamentalmente un pobo de mariñeiros e albañiles, procedentes estes últimos prácticamente na súa totalidade dalgún dos recunchos que compoñen o inabarcable Distrito de Buría. Nun dos seus lugares, concretamente no Cotro, nacía un 5 de xullo de 1952 José Bermúdez Mouzo. Hábil cas mans, non tardaría en engrosar a lista de laboriosos e eficaces albañiles buriáns que se dedicaron con ahinco a transformar febrilmente a Vila dos Encaixes nas décadas dos 70 e 80, se ben no caso de Pepe do Ardeiro, tal e como sempre foi coñecido popularmente en Camariñas, a puntillosidade, perfeccionismo e minuciosidade da súa labor acabaron determinando que cos anos Pepe se convertira nun maestro canteiro de probada eficacia. Obras en pedra co seu selo persoal abranguen toda a Costa da Morte, dende Camariñas ata Vimianzo. Nestes últimos tempos Pepe acometera desafíos importantes na súa vida como a ambiciosa reforma da impresionante residencia familiar (casa antiga e amplia horta) do Lugar do Cotro ou un cambio de residencia cara a Braño. Foi finalmente neste último lugar onde aos seus 58 anos a morte o sorprendeu posiblemente en forma de ataque ao corazón cara as 00:30 horas deste furioso e vendavalado venres 29 de outubro de 2010. O seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo, non lonxe do seu Cotro querido, este sábado 30. En fin, vaise co falecemento de Pepe unha pequena parte daquela Camariñas dos 70, dos 80, composta maiormente por bravos mariñeiros e eficaces constructores,  dende a redacción de camarinas.eu: José Bermúdez Mouzo, Descanse En Paz.

Comentarios   

rubiasexy
+2 # RE: Falecemento de José Bermúdez Mouzorubiasexy 29/10/2010 11:30
o meu sentido pesame afamilia,, familia de Pepe do ARDEIRO D,E,P QUE DIOS O TEÑA NA GLORIA SEFA E OS PEDROS CAMARIÑAS
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny Blanco
+2 # Adios VeciñoJenny Blanco 29/10/2010 14:33
Queremos sumarnos desde Suiza a darlle o pesame a familia de PEpe o noso veciño do Cotro que conoso desde que son pequena !!! O nos mais sincero pesame... Descansa en paz veciño !Familia BLANCO
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Falecemento de José Bermúdez Mouzojose de marta 29/10/2010 15:41
Eu tamen quero darlle o meu mais sentido pesame a toda a sua familia,D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+1 # RE: Falecemento de José Bermúdez Mouzozhúkov 29/10/2010 17:31
Bueno, en fin, en nome d Familia Vázquez Campaña quero dar pésame polo falecemento de Pepe do Ardeiro,vai bo de facer obras para os meus abuelos. En fin, Descanse En Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Pepe O Ardeirodiegoalfr 29/10/2010 17:50
Meu máis sentido pésame a toda a familia de Pepe. Vamos bos de conversar eu máis el cando tiña o bar miña nai. Era bo home. Descansa en Paz amigo.
Responder | Denunciar ante o administrador