4.9 1 1 1 1 1 Rating 4.90 (20 Votes)

O Grupo Época actuará este sábado no Snack

Comentábase recentemente polos mentideiros sociais camariñáns do pouco fulgor, do carácter apagado, triste e solitario dos sábados nuite camariñáns que seguiron ao acabamento do verán 2010. Bares desertos nas primeiras horas da madrugada baixo a luz opaca do alumeado público que evocaban aos desamparados bebedores de café do cuadro Nighthawks do norteamericano Edward Hopper. Para remediar esta situación e devolver ao universo nocturno da Vila das Palilleiras o esplendor perdido o auténtico rei da nuite camariñana durante as dúas últimas décadas, José Luis Rey Álvarez, puxo en marcha recentemente no Snack Bar Camariñas, un local que constitúe en si mesmo toda unha institución da movida nocturna da Costa da Morte, un ambicioso proxecto presidido pola maxia irradiada polas actuacións musicais en directo. Este sábado 23 de outubro ca actuación do Grupo Época toca a segunda volta deste audaz intento de devolver ao saturday night camariñán o resplandor perdido.

Engadir un comentario


Tamén che pode interesar...