4.2 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (20 Votes)

O paseo marítimo de Camariñas a punto de anegarse

Chegou a Tormenta Perfecta Paula, outra desas mostras de cicloxénese explosiva que de cando en vez azotan as nosas costas, e Camariñas vivío días nos que a piques estivo de convertirse na cidade sumerxida da Atlántida, que non de Atlanta (St. Georgia). Días nos que un mar henchido e pletórico por momentos parecío a punto de rebasar tódolos diques de contención e anegar baixo as augas un concello e as súas xentes de forma irreversible. Días nos que o océano chegou a situarse ao mesmo nivel que a súa eterna némesis, a terra, e nos que a forza desencadenada dos elementos, choiva, vento e mar, cáseque convirte á Vila mariñeira de Camariñas en leyenda, en mitoloxía antiga. Un escenario plausible, potencialmente ameazador, que non plantexaría maiores problemas dadas as idóneas aptitudes para a adaptación á vida subacuática dos habitantes do concello tras toda unha vida de inxesta masiva de toda clase de líquidos, maiormente etílicos, e que incluso podería exercer unha sorte de efecto liberador e catárquico para algúns propietarios nos actuais momentos urbanísticos dramáticos: ¿Seguiría aplicándose o POL, Plan de Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia, sobre unha Camariñas sumerxida?

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.