Consecuencias do temporal

Comenzamos cun clásico de camarinas.eu, que axudará a encher a web nos días que andemos tesos de noticias e que tanto gusta aos seus redactores: tan só basta pasarse polos lugares de autos ao día seguinte para comprobar o grado de devastación provocado ou ben introducirse, con serio risco da integridade física,  de cabeza no meollo da cuestión cando a situación así o requira. En efecto, querido accionariado, comenzamos cas reportaxes sobre temporais, neste caso dentro da primeira das dúas modalidades mencionadas anteriormente, cos feitos acaecidos na tarde-noite do sábado 2 de outubro, cando unha impresionante vendavalada inauguraba a temporada de tifóns 2010-2011 deixando un rastro de destrucción que eran clara e especialmente visible no flamante Paseo Marítimo camariñán cun sinxelo (e recomendable) paseo co amigo máis fiel posible, o cánido, na desapacible mañán do domingo 3 de outubro. Táboas que o mar empuxou ata un paseo de madeira que evoca remotamente á Atlantic City (St. New Jersey), virutas dos parterres esparcidas por doquier e area polo asfalto que fai presumir a existencia dun novo asalagamento na glorieta do Campo provocado polo enorme caudal dunhas augas de chuvia enfurecidas. Camariñas, outono 2010: a vida segue igual.

 

{phocagallery view=category|categoryid=51|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario