3.8863636363636 1 1 1 1 1 Rating 3.89 (44 Votes)

As bandeiras do Concello a media asta en honor a Alonso

O loito e o pesar pola morte de Antonio Jesús Alonso Ballester presiden este mércores 15 de setembro de 2010. Así, na vila palilleira de Novedrate, na rexión italiana da Lombardía a prensa local lembra con cariño e admiración a este camariñán ilustre que durante o período no que exerceu como Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe tanto fixo polo irmanamento entre as vilas con tradición encaixeira. Asemesmo toda a prensa autonómica faise eco nas súas edicións deste mércores dun falecemento chamado a provocar un forte baleiro nos corazóns camariñáns. Tamén no Concello de Camariñas se recorda con agarimo e emoción a un home que durante 24 anos ininterrumpidamente exercío como tenente de alcalde de forma exemplar e así as bandeiras da Casa Consistorial lucen dende o mediodía do martes 14, xusto dende o momento mesmo no que se tivo constancia do seu falecemento, a media asta cun crepón negro e unha coroa de flores a nome da Corporación Municipal (é decir, tódolos concelleiros) e dos traballadores do concello está presente dende a tarde de onte no velatorio de corpo presente de Antonio Alonso Jesús Ballester.

Velatorio que ten lugar no mesmo Faro Vilán no que Alonso viña ao mundo un 6 de outubro de 1950 e dende o que partirán momentos antes das cinco da tarde os seus restos mortais cara a Igrexa de San Xurxo.  Previamente, ás 16:00 horas dous autobuses partirán dende o Paseo Marítimo con todos aqueles que queiran acompañar a Alonso na súa última viaxe dende o faro ata o templo parroquial. Finalmente, e tras unha misa que se espera multitudinaria, Alonso partirá cara o Cemiterio Novo de Camariñas, non lonxe do mar bravo que tanto amou e nun recodo da carretera que leva ao faro pétreo e maxestuoso que constituío a súa vida. Ata sempre Alonso.

Engadir un comentario