3.8453608247423 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (97 Votes)

Os camariñáns de ben eternamente agradecidos

Nunca quería saír nas fotos. Eran desa clase de persoas ás que non lle gusta o protagonismo e si o traballo sordo, calado, serio e concienzudo, por elo das miles de fotos publicadas por camarinas.eu das tres edicións das Festas do Carme nas que lle tocou en sorte ser Presidente da Comisión de Festas, non haberá máis que un puñado de fotos súas, unha ducia, ao mellor nin eso. Tras unha serie de edicións desvaídas, sin brilo algún, lonxanas e frías, e nas que se chegou a temer pola sorte que puidera correr a mesmísima Procesión Marítima, a xoven e competente Comisión presidida por José Manuel Canosa Campaña será recordada por ser aquela que revitalizou dunha maneira decisiva unhas Festas do Carme que presentaban naquel momento de inicios de ano 2008 un tinte preocupantemente moribundo e conformista, a que voltou a acercar á festa ao pobo, a que trouxo a Camariñas as mellores orquestas, a das edicións máis masivas que se recorden. No momento do adeus, Campaña sincérase ante camarinas.eu e pasa revista ao acontecido nos tres anos que cambiaron posiblemente de forma definitiva a cara das Festas do Carme.

 

Image

¿Que balance facedes do Carme 2010?
O balance non pode ser máis satisfactorio, porque se cumpriron tódalas previsións que tíñamos, ainda que recoñecemos que nos vimos desbordados pola impresionante afluencia de público, tanto nas verbenas coma na sardiñada
En números, ¿que significou este Carme?
En números pois é difícil calcular os miles de persoas que acudiron durante as festas do Carme a Camariñas, sen dúbida foi o Carme con máis xente que se recorda,pero o que si podemos calcular son as racións de sardiña que se repartiron na sardiñada, que superaron as 1500 racións. O presuposto este ano rondou os 80.000 euros, que tendo en conta que case todo recae nos veciños de Camariñas, fai unha idea do tremendo traballo que da unha celebración coma esta. 
Ao final a Procesión Marítima parece ter máis saúde que nunca...
A verdade é que tódolos camariñáns temos que estar orgullosos da nosa procesión, porque sen dúbida é o momento máis bonito das nosas festas. Hai que agradecer aos patróns das embarcacións que se involucren desa forma para que perdure no tempo e non se deixe de facer, como pasou noutros sitios. 
¿Vai seguir a Comisión do Carme?
Non, pois con todo o noso dolor non imos seguir, xa o anunciamos no campo da festa. Dende o primeiro momento a nosa idea, o noso proxecto, iba encamiñado a estar tres anos, bueno tres Carmes, e este foi o terceiro polo tanto deixamos a organización das festas. 
¿Cales son as razóns para a non continuidade?
As razóns expliqueinas antes, todos e cada un dos membros da asociación tíñamos coma obxetivo estar tres anos, creíamos que todo proxecto tiña que ter unha fecha, un obxetivo, que este ano cumprimos sen dúbida ningunha. 
Sendo como sodes a comisión máis xove casi na historia, ¿non é unha pena que un legado como o voso se perda?
Quizás eso de ser tan novos foi o que nos fixo meternos en semejante faena, sobre todo na primeira edición, con apenas tres meses para organiza-las festas. Non creo que este legado se perda, porque o Carme esta por encima de todo, e o mais importante é que teñamos festas, sexan mellores ou peores, porque sen dúbida é un motor económico moi importante para o noso pobo, que non se pode deixar a un lado.

Image

¿Non deixades o listón demasiado alto para os que veñan no voso lugar?
Que va, o importante e que se faga a festa, sexan mellores ou menos boas, nunca seran malas. 
¿Cabe a posibilidade de que algún dos membros da actual comisión se faga cargo da mesma?
Pois non, foi unha decision meditada e comentada moito, e ningún dos membros quixo continuar, o que si decidimos foi que esta decisión de abandonar non é perpetua, vamos, que non descartamos dentro dun tempo, voltar a organiza-lo Carme. 
¿De onde sacábades forzas para tanta ilusión, tantas iniciativas, tanto esforzo?
Cando un se poñe nunha comisión de festas, sabe ao que se expoñe: traballo moito, demasiado tempo dedicado á organización. Con esto asumido só nos quedaba intentar sacar os euros de onde fose. 
¿Non será duro ver a partires de agora o Carme desde a barreira, dende fóra?
Bueno,teño 34 anos dos cales estuven na comision 3 festas, polo tanto non creo que sexa tan duro a partires de agora ver os toros dende a barreira, ou dito doutra forma: disfrutarei do Carme en vez de sufrir o Carme, jajajaja... 
Nestes tres anos, ¿cales foron as principais colaboracións que atopáchedes?
Sen dúbida ningunha os principais colaboradores foron os veciños do pobo, que nunca deixaremos de ter palabras de agradecemento cara eles. Tamén ter palabras de agradecemento para toda a colaboracion do Concello de Camariñas e tamén a tódolos seus traballadores que día tras día deixaban o pobo limpio cada mañán. Non podemos esquecernos tampouco de Machote, que fixo un sobresainte traballo en Suiza, e tamén a todo o equipo que ano tras ano nos apoiou na realización da Sardiñada.
¿E os principais obstáculos?
Obstáculos, pois a verdade é que ben poucos, só algún personaxillo que o único que fixo foi poñer trabas no noso traballo, esquecendo que as festas están por encima de ideales e intereses, pero bueno, como solo é un no medio de todo un pobo que nos apoiou, non vale a pena nin darlle importancia. 
¿O momento máis duro? ¿Posiblemente aquel intento de sabotaxe a poucos días do Carme 2009 relacioando ca ubicación do Campo da Festa?
Quizais si, porque para nos o primeiro ano foi demasiado duro: a ubicación das festas, no Peirao Novo, tróuxonos moitos inconvintes, ata o punto de que houbo algunha orquesta que se negaba a montar os seus escenarios debido á forza do vento que tuvéramos, e o que non queríamos era quedar sin festa por culpa do aire; tamén tabernas que alí estaban, dixéronnos que non voltarian ao Carme si a festa seguía sendo alí. Por elo tomamos a decisión de buscar un lugar máis acolledor e abrigado dos ventos, e cando se rematou a fachada marítima nova,trouxemos a xente para que dera o visto bo a esa ubicación, e a decisión foi unánime, polo que procedemos a cambiar o sitio da festa. Esto non quixo ser ben atendido por algún personaxe deste pobo, que emprendío unha campaña en contra nosa, esto o que fixo foi facernos máis fortes e tiramos para adiante con tódalas consecuencias, e agora tras xa dúas celebracións nese sitio, o único que recibimos é parabens e felicitacións por achegar a festa ao pobo, que era unha vella reclamación da xente de Camariñas.

Image

Como Presidente da mellor Comisión en décadas ¿cal foi o logro do que te sentirás máis orgulloso a partires de agora?
Sin duda ningunha o de achegar a festa ao pobo, foi unha aposta dura e difícil, pero que ao final o resultado está ahí: o campo da festa a rebosar de xente e sobre todo xóvenes, cousa que antes non pasaba. 
¿Será doado voltar a unha vida normal, traballo-casa, despois da voráxine de organizar as festas máis multitudinarias que se recorden en Camariñas?
Bueno, xa me coñecedes, ata agora era Campaña o da ComisiÓn, o da Lumarea, o do Balonmán, etc... a partires de agora quedarame un tempo precioso para poder disfrutar dos meus.

¿De quen te acordas no momento da despedida?
Primeiramente quero agradecer a comprensión que atopei na familia que supo entender onde estaba metido, tamén acordarme dos meus compañeiros de fraterna, porque formábamos máis que unha comisión, unha familia, e por último agradecer a tódala xente que dende o domingo nos para pola rúa para que recapacitemos e sigamos adiante. Como dixen anteriormente, non é un adios, senon un ata a próxima,e por último, e non menos importante, darvos as grazas no nome de tódolos membros da comisión, porque o voso apoio foi de nota, é de estar eternamente agradecidos a vos pola visión pura que tendes da festa do Carme, sen outras vistas ou intereses. Grazas Camariñas.eu.

Comentarios   

rubiasexy
+3 # RE: Entrevista a Jose Manuel Canosa Campanarubiasexy 30/07/2010 16:33
bueno eu vin este ano as festas estuberon de maravilla darlle animos ajose manuel muy listo si señor fay majas e ducado non ahi palabras e os que estan con el iden pois na sardiñada tan ben organizado todo que dey sin palabras sardiñas para todo mundo viño broa si señor sin agobios tan ben organizado si estubo de maravilla animos comision sijir para diante que asi bamos ben viva acomision das festas que tanto traballan mima sa avia de ser outra bes tanta moseda nunca vin tanta nas festas sin peleas nin nada bueno chao animos sefa e os pedros quedaron sin palabras camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
eloy
-5 # Si tú lo diceseloy 31/07/2010 06:50
Cito a rubiasexy:
bueno eu vin este ano as festas estuberon de maravilla darlle animos ajose manuel muy listo si señor fay majas e ducado non ahi palabras e os que estan con el iden pois na sardiñada tan ben organizado todo que dey sin palabras sardiñas para todo mundo viño broa si señor sin agobios tan ben organizado si estubo de maravilla animos comision sijir para diante que asi bamos ben viva acomision das festas que tanto traballan mima sa avia de ser outra bes tanta moseda nunca vin tanta nas festas sin peleas nin nada bueno chao animos sefa e os pedros quedaron sin palabras camariñas


Sin peleas? en que fiestas has estado tú? si quieres te digo quien fue uno de los que empezó la pelea y luego tras ver las cosas fodidas se largó dejando a sus amigos tirados(por cierto, fueron los que dieron la cara por él).
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # Festas do Carmen 2010diegoalfr 31/07/2010 15:53
Bueno, tampouco é para tanto home. Non nos desviemos do tema por favor. Eu comparto o que di a nosa Sefa pero añadiría que as festas deste ano levaron o mismo signo destes tres últimos anos con esta comisión. Grandes orquestas, grandes fogos de artificio, grandes multitudes no campo da festa (e tamén en todos os bares), unha gran procesion marítima como nunca . . . e sobretodo unha cousa: unha comisión traballadora e con ganas de facer as millores festas para camariñas. Felicitacións a Campaña & Company por ser un dos poucos grupos de xente que loitou por Camariñas sin ningún interés. Gracias de corazón, poñerémosvos de menos...
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+4 # RE: Entrevista a Jose Manuel Canosa Campanakinos 30/07/2010 18:55
a mina enoraboa a comision polo esforzo realizado,e poder de disfrutar dunhas festas tan esplendidas
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+4 # RE: Entrevista a Jose Manuel Canosa Campanalucia018 30/07/2010 19:43
Quero felicitar a todos da comisión, por todo o traballo que fixeron, que fui ben grande ,e decirlle que este ano estuvo de maravilla todo.Haber ahora quen vai pedir pas festas?espero que quen o faga.O faga tan ven como vos. Un saludo :P
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
+4 # Festas do Carmenseran7989 31/07/2010 12:37
Noraboa comisión,todo un éxito e jrasias po lo voso traballo.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+3 # RE: Entrevista a Jose Manuel Canosa Campanamantida 03/08/2010 15:35
Querovos felisitar polo traballlo que fixestedes, xa que unhas festas hoxe en dia non son tan fasiles de faser.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+3 # RE: Entrevista a Jose Manuel Canosa Campanarubiasexy 03/08/2010 23:36
Sin peleas? en que fiestas has estado tú? si quieres te digo quien fue uno de los que empezó la pelea y luego tras ver las cosas fodidas se largó dejando a sus amigos tirados(por cierto, fueron los que dieron la cara por él).pues eloy te contesto yo estube en la fiesta vale no vi nada y me cuesta que estube mi marido y yo y unos amigos y novi nada de peleas por cierto asta ni autoridades vi vale lo unico que uvo fue un chico que tiro rama y le dio ami marido pedro vale pero me gustaria saber quien here como yo te digo yo soy sefa carril rodrigeue vale si me tienes mania no se por que gracias cuidate eloy que ni tu nombre es jajajaja
Responder | Denunciar ante o administrador