- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Xullo 2010 21 Xullo 2010

As nosas redactoras Mayte, María e Lucía pasárono pipa nas Festas do Carme máis multitudinarias en décadas
Visto o éxito sen precedentes de todas e cada unha das reportaxes sobre as Festas do Carme 2010 publicadas por camarinas.eu, todas as cales superaron ampliamente nun tempo récord o millar de visitas, decidimos facer un esforzo final e publicar as fotos do día grande do Carme remitidas a esta redacción polo seu accionariado. Imaxes como as de Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario que dende as profundidades recónditas de Buría sempre busca a perspectiva imposible, a panorámica pioneira; fotografías como as de Pión, que incluso nos días de merecido descanso na vila da súa alma segue a cumprir co seu compromiso perenne ca web líder da Costa Atlántica; e finalmente vídeos talentosos como os de Sefa, redactora audiovisual por dereito propio do gran medio de comunicación de Camariñas. Finalmente, as imaxes captadas polo redactor Zhúkov, enrolado por segundo ano consecutivo na Belén M., a lancha do Rocco, o Maestro del Bon Vivir, á cal chegou transbordo incluido cos bolsillos baleiros sendo espléndidamente agasallado polos seus tripulantes. En definitiva unha nova galería fotográfica de 240 fotografías a sumar ás 770 xa publicadas na primeira parte da reportaxe adicada ao 16 de xullo e que poñen o punto final a un esforzo xornalístico sen precedentes, sen dúbidas o máis grande adicado a unhas festas parroquiais neste recuncho atlántico. Camarinas.eu, facendo historia.
Comentarios
Gracias
gracias
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.