3.3953488372093 1 1 1 1 1 Rating 3.40 (86 Votes)

Case doce horas sen auga en Camariñas

No Camiño da Rega tivo lugar a primeira das roturas da tubería general que abastece de auga a Camariñas
No Camiño da Rega tivo lugar a primeira das roturas da tubería general que abastece de auga a Camariñas

Eran alrededor das 18:00 deste luns 19 de xullo, primeiro día de resaca das Festas do Carme máis multitudinarias que se recorden, cando de repente os grifos de Camariñas calaron. Un silencio que en principio foi considerado como anecdótico pero que nembargantes o pasar do tempo facía presaxiar como xa de máis envergadura. E efectivamente así era: a tubería xeral ("A General") que baixa dende o Depósito Municipal de Auga situado nas Carballas en líñea recta polo camiño da Rega rompera debido á presión no seu treito final, xa case no Lugar de Agrelo, deixando a prácticamente toda Camariñas sen auga. A gravidade das circunstancias requería actuar sen demora e de inmediato un equipo municipal integrado por Manolo O Panadeiro, Arturo Mouzo e Manolo de Brañas de Verdes ca axuda dunha pala da empresa Construccións Fermín Simal, de obras en Pións e Riás, e baixo a supervisión do alcalde Pichurri púxose mans á obra e así cara ás 22:00 horas da noite solventaran a rotura causante da avería, cando uns metros máis arriba, despois de abrir as augas do Depósito Municipal, producíase outra rotura que obrigaba a este equipo de esforzados profesionais a estar a pe de obra ata case as catro da mañán, hora na que finalmente e tras ter que esperar a que o depósito enchera de novo o normal subministro de auga potable á Vila de Camariñas foi restaurado. Cáseque doce horas dun inquedante silencio dos grifos (e cisternas) camariñáns que non tivo consecuencias máis graves gracias á esforzada labor dun pequeno grupo de profesionais intachables. A primeiras horas da mañán deste martes 20 de xullo eran claramente visibles as huellas da titánica loita por lograr recuperar o subministro de auga cara a unha vila sedenta. E máis nos implacables días de resaca da máis grande das festas do litoral atlántico.

Engadir un comentario