Tradicionalmente as costas abaixo do 17 de xullo soen ser unha caixón desastre de imprevisibles consecuencias, ahí onde menos o esperas ¡¡bum!! e salta a sorpresa, en ocasións ata un acontecemento histórico. Si o ano pasado asistíamos a unha auténtica avalancha de vellas caras que saían das súas xeriátricas catacumbas, este ano 2010 pasará aos anales da historia da Vila dos Encaixes por ser aquel no que unha persoa que aglutina no seu ser todas e cada unha das virtudes (e defectos) que caracterizan ao pobo mariñeiro de Camariñas por vez primeira nas súas case sete décadas de existencia saltou aos ruedos e, a pesares da esixencia que demandaba a ocasión, idéntica a dun xoven novillero que debuta nunha praza de primeira categoría, cumprío sobradamente, chegando a levantar por ocasións a ovación duns emocionados tendidos. Estamos a falar de Manuel Ageitos Souto, Totis, alma e esencia de Camariñas en estado puro, unha personalidade que bastou que camarinas.eu a situase con ocasión dunha anodina cea no Club Náutico nunha das súas portadas all over the world para recibir, entre anonadado e sorprendido, un aluvión de emocionados recoñecementos chegados vía intercontinental dende Buenos Aires ata New York. E alí, no Paseo Marítimo, como xusto remate a esta inolvidable efeméride, tal e como lle gustaría a Totis, protagonista do posiblemente 17 de xullo máis lexendario en décadas, xusta recompensa a un legado con pegada nos cinco continentes, dúas mulleres de bandeira. A beleza máis absoluta, aquela da que falaba F. Murray Abraham transmutado no frustrado Salieri do mítico film de Milos Forman. Unha xornada que nin unha sinfonía de Wolfang Amadeus Mozart sería capaz de plasmar ante a posteridade. Todo elo como sempre só en camarinas.eu.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.