4.0403225806452 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (124 Votes)

A festa das mil caras

A Virxe do Carme emprende o retorno baixo o máis solemne e espectacular pasillo de honor
A Virxe do Carme emprende o retorno baixo o máis solemne e espectacular pasillo de honor

Caras felices, caras alegres, morenas, algunhas máis pálidas, de mulleres, homes e nenos, dalgún can asustado entre o xentío, principalmente de xentes de Camariñas pero tamén de moita de fóra, caras fermosas ata a dor, de rapazas xóvenes e inocentes, ou tal vez non, ¿quen sabe?, caras cansadas, de noites longas e ollos ollerosos, dun cansancio latente que non tardará en facerse valer, ou de xente fresca, recén levantada e de camisa branca, exhultantes, eufóricas e lixeiramente embriagadas, caras de grave devoción relixiosa e algunha que outra de solemne responsabilidade institucional, pero sobre todo caras radiantes, de días de sol e festa, caras de 16 de xullo, salpicadas pola salitre do confín atlántico baixo as nubes pasaxeiras do ceo estival, caras de arqueiros, fatigadas, multicolores e orgullosas, de gaiteiros e músicos, as caras da Procesión do Día da Festa do Carme, todas e cada unha. Si non saen en camarinas.eu, esas caras non estiveron alí.

Comentarios   

kinos
+3 # RE: Festas do Carme 2010: 16 de Xullokinos 17/07/2010 14:00
qe envidia
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+3 # RE: Festas do Carme 2010: 16 de Xullojose de marta 17/07/2010 17:26
Eso dijo eu ,quen podera estar ahi.
Responder | Denunciar ante o administrador
xoven_arkeiro_camariñan
+1 # nn hai festa coma elaxoven_arkeiro_camariñan 19/07/2010 17:39
nn hai festab coma ela e a mello do mundo viva a festa do carmennnnn !!!!!!!! asta o ano
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
+1 # festas do Carmen 2010seran7989 26/07/2010 11:05
Felicidades Diego por tantisimas fotos.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # RE: Festas do Carme 2010: 16 de XulloE logo ti de quen es 28/07/2010 14:40
Magnifico reportaje, preciosas fotografías, enhorabuena Diego.

La belleza de la Ria de Camariñas compite con la de las mozas de Camariñas.

A ver si o ano que ven podo estar ahí para ver a precesion do Carme.
Responder | Denunciar ante o administrador