3.7733333333333 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (75 Votes)

E agora, a desfrutar!!

Todo está listo en Camariñas para honrar á gran Patroa dos Mariñeiros, a Virxe do Carme
Todo está listo en Camariñas para honrar á gran Patroa dos Mariñeiros, a Virxe do Carme

Un día francamente desapacible, dunha chuvia miuda e un forte vento, caracterizou o que foi o víspera das Festas do Carme do 2010, tempo inclemente que abrirá o paso, segundo contan as prediccións metereolóxicas, a tres días radiantes de sol e festa. Pero na Vila das Palilleiras xa dende as primeiras horas do día vivíase ese ambiente especial que só aparace unha vez cada 365 días e así xa no tempo dos chiquitos en calqueira dos bares da localidade notábase unha pequena intranquilidade, unha axitación nada habitual. Pastelerías e ultramarinos repletos de ilusionadas nais, un ir e vir presuroso polas rúas da vila e o movemento típico no muelle, no que bandeiras de mil cores e as ramas de laurel eran as protagonistas. Visitando o campo da festa, comprobouse que a Comisión tras un traballo concienzudo e responsable deixou todo en perfectas condicións para desfrutar intensamente dos catro días máis importantes do ano para un camariñan e incluso uns novos parterres florais adornan o Paseo Marítimo máis fermoso da Costa da Morte. Como novidade, unha unidade móbil da TVG fai acto de presencia para grabar un programa en directo, "Na Punta do Pe", e as súas estrelas invitadas, os Panchos do Jolfrendo, fan tempo, ansiosos e ilusionados, nos soportais do edificio no que durante o que tantos anos estivo radicado o Café Bar El Pescador. A gran festividade mariñeira de Camariñas xa está aquí. !!Viva a Festa do Carme!!

{multithumbs}

Engadir un comentario