- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Xuño 2010 27 Xuño 2010

Catro días de festa, de xoves a domingo, que poden pasar aos anales como os mellores da historia
Xa está aquí o Cartel das Festas do Carme 2010
Como sempre (ou casi) os primeiros en todo unha vez máis, camarinas.eu xa está en condicións de ofrecer aos seus miles de lectores nestas primeiras horas da tarde do domingo 27 de xuño de 2010 o Cartel anunciador das mellores festas do mundo, as do Carme de Camariñas, Santa Patroa dos Mariñeiros, que nesta sinalada edición de 2010 inclúen un cartel impresionante de actividades e festas, no que destaca por encima de todo a presencia de orquestas de recoñecido renome como a Olympus o sábado 18 de xullo, recollendo o testigo deixado pola París de Noia na derradeira edición de 2009. E como sempre todo elo acompañado da Danza de Arcos, a insustituible Procesión Marítima, a Sardiñada de Area da Vila, os fogos de artificio, etc... organizados pola mellor (nunca nos cansaremos de repetilo, como falten para o futuro haberá bágoas) Comisión do Carme en moitos anos que no seu terceiro ano de andaina amortiza toda a experencia e bo saber acumulado nas dúas edicións anteriores para organizar unhas festas que, se todos poñemos algo da nosa parte, seguramente serán recordadas durante décadas. A elo incluso contribúe as datas elexidas: do xoves 15 ao domingo 18 de xullo. Pasen y vean.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.