O San Juan máis multitudinario da Costa da Morte 

Todo o pobo de Camariñas desfrutou do mellor San Juan da Costa da Morte na noite máis meiga do ano
Todo o pobo de Camariñas desfrutou do mellor San Juan da Costa da Morte na noite máis meiga do ano

¿Que deixará para a historia o San Juan celebrado en Camariñas na noite do 23 de xuño do ano do Noso Señor 2010? Pois deixará todo un pobo volcado ca xigantesca lumarea acendida en Area da Vila cara ás 0:00 horas da noite máis meiga do ano, unha asociación organizadora (Lumarea da Vila) eficiente e desinteresada que volvío a estar perfecta no seu cometido, xente chegada de Cee, Corcubión, Laracha, só para ver como se organizaba con éxito unha multitudinaria lumarea popular, un espectacular pan de broa de 15 kilos do que non quedou nin raspa na sardiñada celebrada no Café Bar Arnela, mulleres camariñanas de impresión lucindo corpos esculturais e inalcanzables polo Paseo de Area da Vila, un alcalde de Camariñas enfundado na camiseta diseñada pola organización e pasándoo pipa, bares que tiveron que pechar as súas portas as 4:00 da mañán mentras os seus clientes (tras recibir a última copa) quedaban na terraza dando vida ao local ata altas horas da madrugada, queimadas e conxuros, a Sefa desfrutando por fin no seu pueblo, xunto aos seus, unha noite máxica de San Juan, estiradas lapas purificadoras acendendo ata os ceos, deixounos en definitiva un ano máis o San Juan máis multitudinario e espectacular da Costa da Morte. Eso que non lle quepa a ninguén a menor dúbida. 

Comunicado da Asociación Lumarea da Vila 

Repartíronse máis de 500 racións de sardiñas, cos seus inseparables cachelos e broa, que este ano lle tocou facer a Panaderia Barcia. Foi impresionante a xente que alí, na Praia de Area da Vila e arredores había á hora de prender a lumarea, tuvemos constancia de xente que veu adrede dende Laracha, Cee, Corcubión, xente de todo concello como xa é tradicional. En canto á cantidade de leña, podemos afirmar que foi a máis grande que se fixo nunca, porque a parte do que carretamos nos dende a asociación (máis de 100 tractores de leña) tuvemos moitos veciños que aproveitaron para tirar alí poda e muebles vellos. Como medidas sabemos que tiña maáis de 10 metros de alto e un perímetro de 80 metros, que é algo espectacular.
En canto á asociación, estamos moi agradecidos aos máis de 300 socios que fixemos este ano e, como non, a tódalas casas comerciais que nos apoiaron ca sua publicidade que como cada ano poñemos nas xa tradicionais camisetas da Lumarea da Vila. Tamén agradecer o apoio do Concello de Camariñas, que sin a súa axuda tampouco poderíamos facer este evento. En todo caso, gracias a todos cantos vos achegástedes por Area da Vila este 23 de xuño.

Comentarios   

peixe
+3 # eeepeixe 26/06/2010 20:01
viva camariñas ,e,zp,
Responder | Denunciar ante o administrador
juanesteban
+2 # sa n juanjuanesteban 30/06/2010 12:36
en sanjuan a sardiña moña o pan
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario