Falsa alarma nas Casas Baratas

O camión de bombeiros de Cee da a volta olímpica á Praza da Insuela y se va por donde había venido
O camión de bombeiros de Cee da a volta olímpica á Praza da Insuela y se va por donde había venido

Volvío a mascarse o drama por momentos na mañán deste veraniego luns 21 de xuño de 2010 no Barrio de Corea cando a amenaza dun devastador incendio similar a aquel que arrasou San Francisco en 1906 amenazou con devastar Camariñas ata os cimentos nun cataclismo de proporcións bíblicas. A orixe estaría constituida por un cable do que sairían chispas asesinas na esquina da Praza da Insuela e que provocaría un inferno de fogo e fume que se espallaría como a pólvora polos tellados das Casas Baratas convertindo a Camariñas nunha apocalipse de lume aniquilador. Mascouse o drama en efecto pero nin houbo tal cable, nin chispas, nin incendio nin nada que se lle parezca e ao final todo quedou nunha falsa alarma que obrigou a movilizar un vehículo contraincendios e incluso un camión de bombeiros que dende Cee achegáronse ata o Barrio de Corea a marchas forzadas ca conseguinte dilapidación de fondos públicos, tan necesarios nestes tempos de crise agónica no que as administracións públicas deben aforrar ata o último peso (desvalijamiento dos funcionarios públicos incluido). En definitiva, ao final gracias a Deus o Noso Señor todo quedou nun simple susto, nunha falsa alarma máis dunha inquedante Praza da Insuela que nestes últimos tempos sufrío nos seus tellados un suposto can suicida, unha nai gaviota que vía como expoliaban o nido no que criaba os seus oviños e agora un cable asesino que amenazou con aniquilar toda unha vila. ¿Que será o seguinte? ¿O derrumbe da Casa do Concello quizás?

Comentarios   

Beldoña
0 # MENOS MALBeldoña 22/06/2010 00:04
O de ?falsa alarma ?, ni no vin. Tan pronto comencei a ler, dixenlle a muller ( vendo como todas, neses intres, as chorradas dos culebróns ): vistete rapidamente que está ardendo Corea;- outra jerra mais-, respondeme dende o cuarto matrimonial, semi valeiro.Non, Corea de Camariñas, arde dende a Carnisería ata serca das Carballas.¡¡¡Mi má !!!, menos mal que mentras se vestía o estilo Napoleón, sejín leendo e vin que estaba todo claro e que a culpa foi da borraxeira reinante nas iluminadas cabesas de aljúns.
Xa o decía o evanxelista: ?tristícia vestra, revertetur in gaudio?... cun sorriso de orella a orella.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
0 # RE: Alarma de incendio na Praza da InsuelaJuan Camariñan 22/06/2010 23:22
Eston pensando que desde esa ventana vense muitas cousas, as que contas e as que sejuramnente calas, ti que todas noticias asocias perfectamente a aljuha pelicula, eu von asociar esa ventana a mitica pelicula do jichot ese..A VENTANA INDISCRETA.Por outra parte unha das miñas dez preferidas.
Responder | Denunciar ante o administrador
un
0 # Son 2un 30/06/2010 12:53
Os 2 camións son do parque de Cee, non 1.
Responder | Denunciar ante o administrador