Como en anos anteriores as celebracións do San Xoán en Camariñas serán un éxito asegurado
Como en anos anteriores as celebracións do San Xoán en Camariñas serán un éxito asegurado

O maior San Xoán da Costa da Morte

Todos os veciños que pasan pola Area da Vila a estas alturas do ano están xa acostumados a ver como unha cantidade inxente de leña, xestas, caixas de peixe e a máis variada clase de trastos e cacharros  (incluso un futbolín!!) se acumulan en cantidades masivas no lado dereito dos campos situados na praia máis marisqueira que posúe a Ría de Camariñas. E claro que é normal que esto aconteza porque, hai xa uns anos, un grupo de rapaces e non tan rapaces da nosa vila están organizando a máis xigantesca lumarea que se pode ver en moitos kilómetros na redonda e que este ano, como no anterior, estará pragado de actividades que se organizarán en torno a esta lumarea do San Xoán en Camariñas. Así, dende as 5 da tarde do 23 de xuño haberá xogos hinchables para todos os nenos e nenas e a partir das 8 da tarde empezaranse a repartir as sardiñas coa súa respectiva broa e e cachelos que serán asadas no mesmo lugar en donde se realizará o acendido da maior lumarea da Costa da Morte e que prenderá as súas primeiras chispas na hora máis máxica de tódalas horas do ano: Aquela na que se celebra o San Xoán. Para rematar a noite, nada mellor que marcarse uns meneos ao son da gran orquestra "Imagen".

Comentarios   

rubiasexy
+1 # RE: Preparativos da noite de San Juan 2010rubiasexy 15/06/2010 20:25
viva anosa festa de san juan ala viva camariñas viva as sardiñas pero sa fay mal tiempo ala chao bonitas fotos ala grasias eso chao
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Preparativos da noite de San Juan 2010rubiasexy 15/06/2010 20:26
para san juan as sardiñas mollan o pan
Responder | Denunciar ante o administrador
peixe
0 # nonseipeixe 26/06/2010 20:03
viva camariñas,eo zp,peixe,jjj
Responder | Denunciar ante o administrador