4.12 1 1 1 1 1 Rating 4.12 (75 Votes)

Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo
Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo

Camarinas.eu no descenso da Virxe do Monte

A labor infatigable da Comisión das Festas do Carme (esforzo desinteresado en estado puro) non remata cos actos vinculados á celebración da festividade en honor á Patroa dos Mariñeiros senón que dentro do seu compromiso perenne ca vila da súa alma encárganse da organización dunha serie de actividades como ás que complementan as procesións da Virxe do Monte. Ata nas cales conseguiron imprimir a súa pegada e así na encapotada tarde do domingo 30 de maio de 2010 por primeira vez na historia un grupo de gaitas acompañou no seu descenso cara ás terras baixas á aquela Virxe que ten un templo adicado na gran montaña sagrada de Camariñas. Baixo os sons festivos, galegos, das gaitas, tambores e pandeiretas xaviñáns da Asociación Abrindo Rejo , acompañaron á Virxe do Monte no seu retorno cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo unha multitude de camariñáns fieis a unhas tradicións sagradas e ancestrais. Alí residirá por un ano ata que baixo a explosión de vida da primavera que comenza retorne ás alturas situadas no máis fermoso dos confíns atlánticos. Este ano debido aos compromisos ineludibles do noso querido e admirado Don Jesús como máximo responsable do Arciprestazgo de Nemancos, o descenso da Virxe do Monte retrasouse ata o último domingo do mes de maio. Pero Camarinas.eu, a a web que entende o Catolicismo como parte irrenunciable e indisociable do acerbo cultural e idiosincrático de España e Galicia, non podía faltar nun día distinto e sagrado para un camariñán e así completa unha xeira de reportaxes adicadas a todos e cada un dos actos adicados á Virxe do Monte 2010.

 Noticias relacionadas:

Comentarios   

Beldoña
+1 # MIÑA VIRXIÑA DO MONTEBeldoña 01/06/2010 00:45
VIRXIÑA DO MONTE

Miña virxiña doMonte,
miña virxe parrandeira,
Subes e baixa-la costa
a veces que a xente queira.

Sempre desposta cos teus
sempre alegre e falangueira,
que a todos os que a ti che falan,
a todos daslle respuesta.

Como e xente de mar
e ti es a mariñeira, capitana de primeira,
repartes o quiñón que tes
con toda-las gracias que levas.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
o cantante
+1 # virxe do monte 2010o cantante 03/06/2010 16:35
Bonito reportaje e bonitas fotos (sobre todo a 91)da Virxiña do monte, e de paso dar un paseo polo pueblo(aínda que sea virtual),un abraso camariñans.
Denunciar ante o administrador
maximocampaña
+1 # virxen do montemaximocampaña 06/06/2010 03:16
MIÑA VIRXIÑA DO MONTE , TEN O TEXADO E PEDRA BEN O PODIA TER DE OURO MIÑA VIRXEN SI QUIXEIRA
MAXIMO CAMPAÑA LOPEZ
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.