3.6818181818182 1 1 1 1 1 Rating 3.68 (22 Votes)

Stolt Sea Farm quere facerse de ouro en Camariñas a conta dos seus xa de por si explotados traballadores

Hoxe ás 9 da mañá os traballadores de Stolt en Vilán concentráronse contra a empresa
Hoxe ás 9 da mañá os traballadores de Stolt en Vilán concentráronse contra a empresa

O 90% dos traballadores da pranta acuícola que Stolt Sea Farm ten en Camariñas, secundaron o paro convocado polo comité de empresa da firma Norueguesa xunto cos sindicatos C.I.G. e C.C.O.O. O paro foi un éxito a pesar das amenazas e presións que recibiron algúns traballadores por parte da empresa que se centrou en amenazar con despidos indiscriminados segundo informacións dos traballadores.

É increible que estea a facer isto unha empresa que debería de ser un exemplo de bo trato aos seus traballadores e un pouco máis equitativa cos inmensos beneficios que multiplica ano tras ano e que está a ser subvencionada por Europa, Estado e Xunta con cartos públicos. Non falemos dos tratos de favor que recibe para implantar as súas factorías, porque, mentras a xente normal non pode construir a menos de 500 metros do mar, estes Noruegos constrúen as súas subvencionadas prantas en plena rede natura, tirando residuos probablemente contaminantes a 100 metros da mítica reserva de aves mariñas que é o Vilán de fora no que anidan as últimas especies de Arao Común.

En fin, non lles basta a estes Noruegos de traxe e corbata con explotar os nosos recursos naturais se non que tamén explotan despiadadamente aos nosos traballadores, amén da súa nula implicación en obras sociais ou calqueira tipo de axudas no Concello de Camariñas, ao que estirparon para sempre parte da súa beleza natural.

 

Engadir un comentario