3.7837837837838 1 1 1 1 1 Rating 3.78 (74 Votes)

Comenzan as Festas de San Xurxo 2010

As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días
As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días

Pois xa está todo o barrio de Buría debidamente engalanado, a herba dos arredores ao monumento a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa e da Igrexa Parroquial de San Xurxo, por el financiada, completamente rasurada e os corazóns das boas xentes de Camariñas cheos de ledicia e ilusión ante a chegada da grandes festas adicadas ao Patrón da vila. Para elo este ano completouse un programa de catro días que comenzará este xoves 22 de abril ca verbena a cargo das orquestas Océano e Aché e que rematará o domingo 25, San Marcos, ca actuación da orquesta Master. Entre medias un fin de semana  cun amplo cadro de actividades que inclúen grupos de gaitas, bandas de música, a ofrenda floral e verbenas e bailes vermouth coas orquestas Abanico, Ciclón, Galilea e Marbella. Aquí en camarinas.eu para honrar ao noso Santo Patrón, a semellanza do realizado ca Virxe do Monte, decidimos rescatar do noso arquivo fotográfico infinito e insondable unhas cantas fotos históricas de calqueira das festas grandes de Buría de comenzos dos anos 90 como forma de perpetuar a homenaxe secular das boas xentes de Camariñas a San Xurxo.

 


 

 

Comentarios   

Pion
+1 # RE: Festas de San Xurxo 2010Pion 22/04/2010 10:10
buenos dias a todos queria desearvos a todos unhas felises festas de san xurxo ojala que teñades uns dias sin chuvia,e tamen darlle as grasias a diego polas fotos que puxo en este reportage que me trouxeron muy vos e vellos recuerdo que ben o pasabamos
Responder | Denunciar ante o administrador
elena vazquez
-1 # RE: Festas de San Xurxo 2010elena vazquez 23/04/2010 22:28
deseo que as festas de san xurxu sean calorosas y sin lluvia nin falta que fai pasadelo ben e
Responder | Denunciar ante o administrador
Tamara Carril
-1 # RE: San Xurxo 2010: Programa e ActividadesTamara Carril 26/04/2010 21:00
HOla!!!mima...n on hai tempo desas festas dios mio.....eu quero saber si me podias facer unha copia da foto numero 9 por favor.Gracias
Responder | Denunciar ante o administrador