- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 09 Abril 2010 09 Abril 2010

Como cada mañán ás 8:00 Juan do Penedo procedía a abrir o Café Bar Arnela. Cumpría atender á unha clientela de primeira hora que composta por mariscadores, mariñeiros, traballadores e empregados municipais acude nas horas iniciais do día ao local paradigmático do Barrio de Corea. Sen embargo, tras unha primeira ollada notou que algo raro sucedía: faltaba do seu sitio a máquina tragaperras e no seu oco unha mancha de polvo constataba que non foran empregados da empresa Grifomar os encargados de arrancala do seu sitio; a rexistradora estaba aberta e faltaba a calderilla destinada precisamente á tragaperras. Asemesmo, desaparecera o bote da primitiva da Peña do Arnela que ascendía á cantidade de 100 euros. Estaba claro: nun momento dado da madrugada do 9 de abril alguén entrara no bar a roubar. Unha vez personados no lugar de autos a Policía Local e a Guardia Civil puidose saber que os ladróns entraron no local pola porta existente no ventanal onde habitualmente se xogan as partidas de truco, forzando a súa pechadura. Pesquisas posteriores revelaron que os intrusos viñeran nun coche roubado en Cereixo que xunto á máquina tragaperras foi abandonado no cruce que vai a Reira, sin que se descarte polo momento que ao longo da noite se produciran máis roubos en Camariñas. Dado que o Café Bar Arnela é un fogar para os redactores de camarinas.eu, dende esta redacción queremos darlle moitos ánimos a Juan e a Gelinita e esperamos que este suceso sexa un acto aislado e non o comenzo dunha vaga de roubos como aquela que asolou Camariñas nos tormentosos anos oitenta.
Concretamente a historia sucedeu do modo seguinte: cando chegou Juan ao bar ás 8:00 da mañán ao notar a ausencia da tragaperras pensouque os empregados de Grifomar levaran a máquina de nuite, naquelas horas nas que Juan marcha para casa e Gelinita queda limpiando o local. Posteriormente, dentro da barra observou con sorpresa que os caixóns estaban abertos así como a máquina rexistradora da que faltaba a calderilla. Cando intres despois chegou ao bar o Alcalde Pichurri atomar o café, Juan participoulle que tiña a certeza de que ao longo da noite entraran a roubar no bar. Ante esto, o Alcalde chamou a Guardia Civil e ao policía local (Luis), que ao instante fixo acto de presencia, constatou que se forzara a pechadurae, coñecedor do modus operandi habitual dos cacos nestes casos, púxose a patrullar polos camiños sendo nun dos cruces que levan a Reira, concretamente o que se atopa na Costa do Pitero, onde atopou a máquina tragaperras e o coche: un FordFiesta cuio roubo fora xa denunciado ás 7:00 da mañán polo seu dono, un veciño de Cereixo que marchaba cara ao traballo, na Comisaría de Vimianzo. Posteriormente, Gelinitacontounos que había na caixa cerca de 200 euros, máis o das primitivas que eran 166 euros. Eso fui o que lle levaron. Nestes momentos e como hipótese de traballo estase a baraxar a posibilidade de que os ladróns procedesen da zona de Carballo(según fontes policiais).
Comentarios
NADIE VAI PRESO Y O QUE VAI SALE NO MISMO DIA.
CONSELLO PARA JUAN Y GELINA;IDE PENSANDO EN POÑER UNHAS BOAS REJAS AUNQUE NON QUEDEN MUY ELEGANTES.
OS TEMPOS QUE SE AVECIÑAN SON DE TER COIDADO.
MAIS VALE PREVENIR QUE LAMENTAR.
UN ABRAZO,TODO PASA...........
Antonio
A ver si hay sorte e as autoridades dan cos animaliños estes e os meten en xaulas, que si non a proxima vez ijual acaban dentro de una nasa de fanecas.
A partir do dia 16 xa me tendredes ahi tomando cafe.
saludos amijos.
ANIMOS, SUERTE Y ADELANTE.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.