- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 05 Abril 2010 05 Abril 2010
Como era de preveer confirmouse de maneira rotunda o éxito desa inxeniosa iniciativa da Comisión das Festas do Carme chamada Festa da Zorza e que neste 2010 cumpría a súa segunda edición. Sen dúbidas, dentro do conxunto de ideas postas en marcha ao longo destes últimos anos para tratar de diseñar un programa de actividades paralelo que complemente e impulse á vital e imprescindible Mostra do Encaixe, esta foi a máis exitosa. Iniciativa surxida da xuventude camariñana representada pola Comisión máis xoven que se recorde e tamén a máis animosa e decidida. Porque dende as 19:00 deste sábado 3 de abril puxéronse a carrexar de forma inxente ata 500 racións deste manxar humilde a un público voraz e afameado. Camarinas.eu mandou un destacamento comandado por un experimentado gourmet como Luis Esteiro Ramos cara ás 22:00 cando o epicentro do furacán gastronómico que invadío a Praza do Mercado xa era calmado para poder degustar sen apreturas, con calma e fruición, dun auténtico bocati di cardinale. Preparado sabia e concienzudamente polas expertas mans culinarias dos membros da Comisión e servido por outras mans, delicadas e fermosas, dunha das maiores belezas de Camariñas, a nosa querida Maytiña ¿Qué más se puede pedir?
Comentarios
segude asi chavales
SUEÑOS EN MI CAMA
Que calle el viento y deje en paz mi ventana
Y detenga el río su eterna escapada
Y calle el agua en su verde cañada.
Que huya el murmullo con sus sombras
Y deje su voz en silencio mi casa,
vacía de ecos en horas tempranas.
Que no alborote la paloma y se calle la calandria
Y no interfieran mi sombra vana,
Morfeo de sueños en mi almohada.
Que se duerma el lucero del día
Y no despierte hasta entrada el alba,
Y vea en difusos colores
Los sueños que guardo en mi cama.
Antonio Puertas
Pion creo q as camisetas costan 5 euros..
Gracias "PRESI",y gracias a toda la comisión de fiestas del Carmen,os felicito.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.