4.3670886075949 1 1 1 1 1 Rating 4.37 (79 Votes)
Cunha vista privilexiada de fondo, a calavera do que foi un carneiro xace nos paraxes salvaxes de Reira
Cunha vista privilexiada de fondo, a calavera do que foi un carneiro xace nos paraxes salvaxes de Reira

A Guarida do Lobo

Nun lugar de inexistente tránsito humano, ao final dunha das pistas paralelas que en terrazas van descendendo dende o Parque Eólico ata a carretera forestal que leva dende As Carballas ata as Praias de Reira, nun recodo do camiño e oculto á vista por unha xungla de toxos e un valado de pedra, atópase unha das probas máis convincentes da presencia do Lobo en Camariñas: os restos dispersos pero aniquilados sistemáticamente do que foi un conxunto de ovinos de distinto pelaxe: ovellas, cabras e carneiros, todos eles supostamente arrastrados por lobos ata o que non deixa de constituir un punto estratéxico dende o que se domina todo Reira, os altozanos que en diagonal levan ata os lugares de Brañas Verdes e ata a mesmísima Xaviña, para alí ser devorados de forma tenaz e feroz polo animal que dende tempos ancestrais (aqueles nos que chegaron a idear foxos cos que darlle caza) reina por dereito propio nos paraxes salvaxes de Reira.  Un cánido que ca chegada das tinieblas da noite, cando todo está en silencio e aparentemente calmado, comenza o seu reinado. Cando o lobo ouvea en Reira, reportaxe de camarinas.eu adicado ao animal maxestuoso que reina nas sombras.

En outubro de 1944 en vísperas da entrada do exército soviético en territorio da Prusia Oriental, actual provincia rusa de Kaliningrado, a consigna dos comisarios políticos á tropa foi a seguinte "Atención soldados, estais a punto de entrar en la guarida de la bestia fascista". E nembargantes, a historia e a experiencia demostran que a distancia que separaba a aquelas dúas bestias, unha bermella, outra parda, non era tanta nin tan profunda, constituindo ao xuizo de certa corrente historiográfica todo aquel frente aniquilador e dun salvaxismo nunca antes visto unha sorte de guerra civil ideolóxica entre primos irmáns. Da mesma forma, cando nos tranquilos e superfluos días que corren, un saciado e satisfeito habitante de Camariñas decide, acompañado do seu domesticado animal de compañía, botarse ao monte e perderse no laberinto insondable de camiños que circundan Camariñas, non deixa de acompañalo a sensación de que acaba de entrar na guarida da bestia lobuna, pero ben mirado ¿cal é a besta maior? ¿quen é a besta para quen? ¿home ou lobo?
O territorio do lobo. E acuden á mente asociacións de todo tipo como aquela que decía que nos heroicos días da Guerra de Independencia española, insuperable obra cum laude da difícil arte da guerrilla, cada vez que unha unidade francesa abandonaba unha guarnición fortificada para dirixirse a calquer outro punto durante toda a súa travesía un invisible anillo envolvente de guerrilleiros españois o acechaba, listo para cobrarse calquer peza perdida ou extraviada. E así os soldados gabachos non podían alonxarse da súa unidade por mor dunhas necesidades fisiolóxicas inaprazabres ou por calquer outra causa sobradamente xustificada porque a morte era segura. ¿Son os pasos do inexperto explorador camariñán acechados permanentemente de cerca por unha manada de lobos famélicos? ¿Un anillo envolvente de canis lupus circunda os paseos de quen ose penetrar nos territorios onde o lobo segue a ser o rei?
Animal maxestuoso e de intelixencia pouca veces superada, de mitoloxía abundante dende os tempos antigos, a súa presencia en lendas e folklore popular otórganlle ou ben un lugar privilexiado no imaxinario colectivo ou unha lenda negra de difícil xustificación, pariente máis cercano dos nosos adorados e aburguesados canciños: aquel que decidío elexir a vida independente e insumisa frente ás facilidades que o home lle ofrecía, toda defensa que se queira construir para protexer a tan espléndido exemplar da fauna animal virase abaixo o día no que o ser humano se convirta nun dos seus obxectivos habituais. E todo pode pasar nuns días nos que acosados e invadido o seu hábitat natural, ademáis das periódicas matanzas de burros acaecidas en Camariñas, chégane a documentar ataques a seres humanos (Cee) ou trastocados os seus hábitos alimenticios, danse casos de lobos á caza de cans ou de exemplares desesperados devoradores de pienso para cans. Porque así e todo, non deixaría de ser unha pena, que abandonara os paraxes salvaxes de Reira o que leva sendo o seu Rei dende tempos inmemoriais. Un Rei na sombra.

Engadir un comentario