- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Febreiro 2010 12 Febreiro 2010
Na mañá radiante pero fría deste venres 12 de febreiro os rapaces do CEIP "O Areal" de Camariñas celebraron a chegada do Entroido cunha gran comparsa de disfraces que recorrío gran parte do noso pobo. Dita procesión comezou sobre as 11 da mañá na porta da escola e baixou pola mítica e ao mesmo tempo destartalada Rúa Calvario ata chegar a zona da praia de Camariñas onde se detuveron un momento para reorganizar as filas. Despois continuaron ata a Praza do Concello onde a infantil comitiva era esperada por varios concellais e un Alcalde que mostraba o seu lado máis humano cando recibíu aos cativos disfrazados. Despois desta recepción os nenos desprazáronse dirixidos polos seus mestres ata o Pavillón Municipal de Camariñas onde se realizaría un pequeno ágape a base de productos típicos destas datas que os mesmos nenos levaron das súas casas. Cabe salientar que este acto foi desarrollado en colaboración mutua polo CEIP "O Areal de Camariñas", a Asociación de Pais de Alumnos do mesmo e o Concello de Camariñas. Cousa que nos agrada xa que todo saíu perfectamente organizado e sin ningún incidente imprevisto.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.