O día 25 de decembro: Festa do Balonmán

6ª Edición da Festa do Balonmán en Camariñas: No Podrás Parar de Bailar
6ª Edición da Festa do Balonmán en Camariñas: No Podrás Parar de Bailar

Por desgracia, aprendices de cociñeiro varóns en Camariñas só hai uns poucos, por elo este nadal terán lugar as habituais enchentas masivas que deixarán un bo feixe de estómagos para o arrastre: abarrotados e encharcados ata os topes. Pensando en poñer remedio a toda esta sobrecarga alimenticia, os nosos queridos amigos do Club Balonmán Camariñas decidiron celebrar este ano na noite do día de Nadal unha Festa do Balonmán que cumpre xa a súa sexta edición  para que a través duns bailoteos frenéticos ao ritmo da Orquestas Samba e Marbella e duns cantos refrigerios cubateriles (en funcións dixestivas) os sufridos e famosos buchos camariñáns reciban un mínimo alivio. Asemesmo, tamén decidiron que a entrada nesta edición sexa gratuita, para que haxa que cargar a man no cubateo e desta forma a dixestión se faga a velocidades siderales. É que pensan en todo, ches.

Engadir un comentario