¡Quen fora neno nestes días!

Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán

Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán

Hai decisións, queridos usuarios, que un non entende. E esfórzase e esfórzase ata o punto de que se lle hincha algunha das venas da frente  e grosas gotas de suor salado esvaran pola súa cara, pero nada: non o entende. Ven esta metafísica introducción a conta da sabia decisión da Consellería de Educación de suspender en toda Galicia as clases este mércores 16 de decembro de 2009 debido á chegada dun temporal mortal de necesidade que asolará a comunidade de punta a rabo. Nos o que é ver o temporal non o víamos por ningun lado, pero despois dixéronnos que o temporal sería de frío. Acabáramos: non fora ser que algún rapaciño das montañas de Lugo ou Ourense collera unha tos. Por outra parte, ao tratarse de diferentes Consellerías, as Guarderías sí ían permanecer abertas nun principio, medida lóxica e coherente xa que os terroríficos temporais de frío e neve non afectan en absoluto á saúde e seguridade dos cativos de ata catro anos pero despois a sinrazón e a demencia fixéronse xerais e a última hora informáronnos de que tamén permanecerán pechadas. Mentras tanto, os profesores brindando con champán. E o resto dos funcionarios xurando polo máis sagrado (con perdón). Porque todos somos fillos do mesmo Deus omnipotente.

Os rapaces desta foto tiveron que ir a escola con sol, neve, chuvia ou tifóns huracanados. Eran outros tempos

Os rapaces desta foto tiveron que ir a escola con sol, neve, chuvia ou tifóns huracanados. Eran outros tempos

Comentarios   

DBA
-2 # DBA 15/12/2009 19:44
Meu amigo administrador, xa que sodes a web lider da costa da morte non quededes como un papon, o meu comentario e so para criticar que os temporales non son solo de vento e chuvia, a neve e o fria fan estragos nas zonas mais altas, co cual que en camariñas non se suspendan as clases maña perfecto, pero en ourense, lugo e en zonas de coruña e pontevedra as xiadas son mui, mui jodidas, o peligro non e a tos dos nenos, o problema e q o coche, autobus ou medio de transporte e moi perigoso debido as placas de xeo q se forman..falache alguen con experiencia neso, de todas formas a seguir asi q hai noticias mui interesantes... un saudo
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 15/12/2009 20:17
si cada ves que neva aqui en suiza e xela teñen que cerrar as escuelas daquela nunca iran os rapaces a escola durante todo inverno,non jodas DBA que en orense non hay mas neve que en suiza nin tanto hilo tampouco.
Responder | Denunciar ante o administrador
IsaM
0 # IsaM 15/12/2009 22:22
Home, penso que a falta de infrastructuras fai que o temporal de neve sea mais jodido en Orense que en Suiza. Por ejemplo, cantos hay por ali que poñen rodas de inverno no coche ? casi ninguén! e seguro teñen menos quita-neves que aqui en Suiza !
Pero cando estuven na escuela da Ponte do Porto, xa podian caer raios, tronos e ciclóns que habia que ir igual !!
Responder | Denunciar ante o administrador
vechalula
0 # vechalula 15/12/2009 22:36
waaauuu!!! vaya foto que tempos aqueles
cantos recordos.
Responder | Denunciar ante o administrador