Un burro atropellado na carretera Vimianzo a Camariñas

 

Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios
Ata o lugar trasladouse unha ambulancia por ver de salvar a vida do pobre burro cuns primeiros auxilios

 

Eran as oito e media da mañá cando unha furgoneta dunha coñecida empresa contratista se dirixía cara unha obra próxima para comenzar un duro día de traballo. Á altura de Vimianzo a visibilidade e as condicións climatolóxicas non eran as máis adecuadas e o coche non viaxaba moi rápido e iso, probablemente, foi o que fixo que cando se lle cruzou unha burra no medio do seu camiño o accidente non fora tan grave. Polo menos para as persoas que viaxaban no interior do vehículo, xa que o pobre burro, que estaba a pastar nunha leira próxima, levou un trastaso tal que o fixo xa morrer cáseque no acto deixando tras de si unha triste e dura vida recompensada polo seu dono cun pé atado a unha estaca nunha leira próxima a carretera xeneral de Vimianzo a Camariñas. En fin, pulsa na imaxe para ver unhas cantas fotos e un pequeno vídeo do acontecido esta tráxica mañá nos dominios de Alejandro Rodríguez, Emperador Único e Auténtico da Costa da Morte.

Comentarios   

rubiasexy
0 # RE: Accidente na carretera Vimianzo - Camarinasrubiasexy 03/12/2009 11:26
bueno pobre burro pero axente do coche tuberon muita suerte e tamen tuberon que lebar bo xusto bueno animos ato@s o importante e estar ehi econtalo sinto polo burriño pero eche asi avida bueno chao sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # RE: Accidente na carretera Vimianzo - Camarinaslucia018 03/12/2009 12:00
Joer, meu pobriño o burro, e claro tamen a persona que iba no coche debió levar un bo susto, pero weno como di sefa o importante e estar ahí pa contalo.
Responder | Denunciar ante o administrador