3.7462686567164 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (67 Votes)
Os intrépidos mariñeiros camariñáns intentando situar a embarcación para que non fose destrozada polo vento
Os intrépidos mariñeiros camariñáns intentando situar a embarcación para que non fose destrozada polo vento

Un iate embarranca na Area da Vila

As primeiras consecuencias do inclemente temporal que se abatío sobre Camariñas nesta segunda semana do mes de novembro non se fixeron esperar. Ao gran número de árbores caídas e desprendementos de tellas houbo que sumarlle un accidente protagonizado por unha parexa que viaxaba a bordo dun iate de nacionalidade belga. Dita embarcación estaba amarrada (por aquelo de aforrar uns pesos) na zona próxima á fábrica de Cerdeiras e debido ás fortes rachas de vento rompeu os amarres e foi a embarrancar, con moita sorte, na praia de Area da Vila sen máis consecuencias que un gran susto. Inmediatamente un grupo de intrépidos percebeiros e mariñeiros camariñáns puxéronse a  rescatar e reubicar debidamente a embarcación para que non fora destrozada polo mar e o despiadado vento ululante. Finalmente, os dous tripulantes tiveron que afloxar o parné e aloxarse nunha pensión da vila. E todo por non pagar un amarre no Club Náutico.

Eran aqueles días iniciáticos onde aínda se estaba a decidir cales serían os pasos que guiarían o derroteiro xornalístico do novo medio que estaba a nacer, cando aconteceu un suceso certamente estúpido que marcaría o destino de camarinas.eu: á volta dunha viaxe de vagabundeo que nos levara ata sabe Deus onde, a tarde estival sorprendeunos dende a Costa do Pitero ca cómica visión dun iate de nacionalidade holandesa que acababa de embarrancar na baixamar da Vasa. E entón foi empezar a disparatar, a decir chorradas, ca mala sorte de que aquela forma de entender os avatares da vida quedou plasmada na web. E así ata hoxe. O que foi daquel Holandés Errante que para expiar os pecados cometidos contra o noso Señor Xesucristo foi condenado a vagar fantasmalmente polos mares ata o día do xuizo final eso ninguén o sabe. E a ninguén lle importa, que é peor, pero aquel desdichado e incompetente navegante holándés sempre terá un rincón no corazón dos redactores de camarinas.eu. Alá onde as túas destartaladas singladuras che levaran, sorte capitán. Capitán de sete estalos.

Noticias relacionadas

{multithumbs}

Comentarios   

lucia018
0 # RE: Rescate de un iate en Camariñaslucia018 13/11/2009 16:59
Ala tiña razón Pedriño , xa me dixo pola mañan que algo ye iba pasar a ese yate e que levaba toda mañan mirando e pasando por ali , pos tiñas razón Pedriño jeje!! Eu sin facerche caso,..
Responder | Denunciar ante o administrador